FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O TEMPO DE TRABALLO >Traballo nocturno e traballo a turnos.

O traballo nocturno e o traballo a turnos están regulados no art. 36 ET.
TRABALLO A TURNOS

Concepto Considérase traballo a turnos toda forma de organización do traballo en equipo segundo a cal os traballadores ocupan sucesivamente os mesmos postos de traballo, según un certo ritmo, continuo ou discontinuo, implicando para o traballador a necesidade de prestar os seus servicios en horas diferentes nun período determinado de días ou de semanas.
Límite Nas empresas con procesos productivos continuos durante as vintecatro horas do día, na organización do traballo dos turnos terase en conta a rotación dos mesmos e que ningún traballador estará no de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.
Descansos Nas empresas con traballo a turnos, e cando así o requira a organización do traballo, poderase acumular por períodos de ata catro semanas o medio día do descanso semanal.
Seguinte[1][2]