|
EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Despido disciplinario.
| DESPIDO DISCIPLINARIO |
| Concepto |
É a extición do contrato de traballo por decisión do
empresario, baseada nun incumprimento grave e culpable das obrigas do traballador. |
| Motivos |
Considéranse incumprimentos contractuais:
- As faltas repetidas e inxustificadas de asistencia e puntualidade ó traballo.
- A indisciplina ou desobediencia no traballo.
- As ofensas verbais ou físicas ó empresario, ou ás persoas
que traballan na empresa ou ós familiares que convivan con eles.
- A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso de
confianza no desempeño do traballo.
- A diminución continuada e voluntaria no rendemento de
traballo normal ou pactado
- A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.
|
| Forma |
O despido deberá ser notificado por escrito ó traballador,
facendo figurar os feitos que o motivan e a data na que terá efectos.
 |
| Efectos |
- O traballador non ten dereito a ninguna indemnización.
- O traballador que non estea conforme co seu despido pode impugna-lo
mediante demanda por despido ante o Xulgado do Social, no prazo
de caducidade de vinte días hábiles desde a recepción da carta.
|
| Efectos |
O Xuíz do Social, unha vez celebrado o xuízo, dictará sentencia,
na que calificará o despido como:
- Procedente
- Improcedente
- Nulo
|
Cando o traballador fora representante dos traballadores ou delegado sindical
procederá a apertura de expediente contradictorio, no que serán oídos, ademáis
do interesado, os restantes membros da representación a que pertencera,
se os houbese.
|