FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Despido por causas obxectivas.

DESPIDO POR CAUSAS OBXECTIVAS
Motivos O contrato poderase extinguir por:
  • Ineptitude do traballador coñecida ou sobrevenida con posterioridade a súa colocación.
  • Falta de adaptación do traballador ás modificacións técnicas do seu posto de traballo.
  • Necesidade obxectivamente acreditada de amortizar postos de traballo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción.
  • Faltas de asistencia ó traballo, aínda xustificadas, pero intermitentes, que alcancen o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 20% en catro meses discontinuos dentro dun período de doce meses, sempre que o índice de absentismo do total da plantilla do centro de traballo supere o 5% nos mesmos períodos de traballo.
Forma
  • O despido debe ser comunicado por escrito ó traballador, expresando a causa que o motiva, a lo menos trinta días antes de que este sexa efectivo.
  • Deberase poñer a disposición do traballador, simultaneamente á entrega da comunicación escrita, a indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.Ver exemplo.
Efectos O traballador que non estea conforme co seu despido pode impugna-lo mediante demanda por despido ante o Xulgado do Social, no prazo de caducidade de 20 días hábiles desde a recepción da carta.
Calificación do despido. O Xuíz do Social, unha vez celebrado o xuízo, dictará sentencia, na que calificará o despido como:
  • Procedente.
  • Improcedente.
  • Nulo.
Seguinte[1][2]