| CAUSA |
CARACTERÍSTICAS |
EFECTOS |
| Dimisión |
- Non ten necesidade de alegar ningún motivo.
- Preaviso ó empresario coa antelación prevista no convenio, contrato
ou según o costume do lugar.
|
Extínguese o contrato, sen que se xenere ningún tipo de indemnización. |
| Abandono |
O traballador deixa de acudir ó seu traballo, con intención de extingui-lo
contrato, sen que medie preaviso. |
O empresario pode pedir danos e prexuízos. |
| Incumprimentos graves do empresario (ART. 50 ET) |
- Modificacións substanciais nas condicións de traballo que redunden en prexuizo
da súa formación profesional ou menoscabo da súa dignidade.
- A falta de pago ou retrasos continuados no abono do salario pactado.
- Calquera outro incumprimento grave das súas obrigas por parte do empresario.
|
O traballador ten dereito a unha indemnización de 45
días de salario por ano de servicio, cun máximo de 42 mensualidades.
Ver exemplo. |
Un traballador, cunha antigüedade na empresa de 15 anos, decide poñer fin a súa
relación laboral, motivado polos retrasos continuados no abono dos salarios por
parte do empresario. Este traballador cobraba 1.300 €/mes e dúas pagas extraordinarias
ó ano de 1.000 € cada unha.
A indemnización que lle corresponde é a seguinte:
Salario diario:
1300/30 + (2*1000)/360 = 48,89 €/día
Imdemnización:
45 días de salario por ano traballado
| 45*48,89*15 = |
33.000,75 € |
Límite=42 mensualidades
42*48,89*30 = 61.601,40 €