FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Calificación dos despidos.

CALIFICACIÓN DOS DESPIDOS POLO XULGADO DO SOCIAL

MOTIVOS EFECTOS
Procedente O despido será procedente cando realmente existiu a causa alegada polo empresario. Despido disciplinario: Convalida a extinción do contrato, sen dereito a indemnización nin a salarios de tramitación.
Despido por causas obxectivas: O traballador terá dereito á indemnización posta á súa disposición no momento da comunicación do despido.
Improcedente O despido será improcedente cando non quede debidamente probada a causa alegada polo empresario. Despido disciplinario: O empresario poderá optar entre a readmisión do traballador, co abono dos salario de tramitación, ou o abono das seguintes percepcións económicas:
  • Unha indemnización de corenta e cinco días de salario por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de corenta e dúas mensualidades.
  • Os salarios de tramitación.
Despido por causas obxectivas: Se o empresario opta pola readmisión, o traballador deberá reintegrarlle a indemnización percibida. No caso de optar pola indemnización, deducirase desta o importe daquela indemnización.
Nulo O despido será nulo cando teña por móbil algunha das causas de discriminción prohibidas na constitución ou na lei, ou ben se produza con violación de dereitos fundamentais e liberdades públicas do traballador. Ver exemplo. O empresario debe readmiti-lo traballador e abonarlle os salarios deixados de percibir.
Seguinte[1][2][3][4][5]