|
A REPRESENTACION LABORAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA >Conflictos colectivos.
| Declaración de folga |
Para declarar unha folga é necesario un acordo, que poderá ser adoptado por:
- Os representantes dos traballadores por decisión maioritaria.
- Os propios traballadores, por maioría simple, adoptada en asamblea.
- As organizacións sindicais con implantación no ámbito laboral ó que a folga se extenda.
Unha vez tomado o acordo, deberase comunicar por escrito ó empresario e á autoridade
laboral, e con cinco días de antelación, como mínimo, á data de inicio.
|
| Comité de folga |
Estará formado como máximo por doce traballadores dos
centros de traballo afectados. Corresponde a este comité participar en
cantas actuacións sindicais, administrativas ou xudiciais se realicen para
a solución do conflicto, e haberá de garantir durante a duración da mesma,
a prestación dos servicios necesarios para a seguridade e mantemento da empresa. |
| Servicios mínimos |
A pesar do exercicio do dereito á folga, algúns traballadores poderán
estar obrigados a continuar a súa actividade, se teñen que atender servicios
de seguridade ou mantemento da empresa, ou si a empresa tivese que atender
un servicio esencial para a comunidade
. Neste último caso a autoridade
gubernativa deberá fixar uns servicios mínimos de obrigado cumplimento.
|
Por exemplo, saúde, transporte, ensinanza…
|