CF de grao medio Laboratorio

ACCESO: Para acceder hai que ter a ESO
Sen título de ESO pero con 17 anos ou cumprilos no ano de realización da proba, pódese acceder mediante PROBAS DE ACCESO

Así mesmo, poderán concorrer a esta proba, sen o requisito de idade, aquelas persoas que teñan superado un programa de garantía social

PROBAS DE ACCESO:
Constan de dúas probas:

    1. Contidos socioculturais:
      1. Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e castelán.
      2. Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.
    2. Contidos científico/tecnolóxicos:
      1. Resolución de problemas nos campos das matemáticas e tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.
      2. Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnico. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

Hai que ter APTO nas dúas probas.

TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico en Laboratorio

ACCESO A: O Título dá acceso ao Bacharelato

COMPETENCIA: O Título dá competencia para preparar mostras e realizar ensaios físicos, análises químicas e probas microbiolóxicas, seguindo procedementos e métodos analíticos establecidos e respectando as normas de seguridade e ambientais prescritas.

POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como laborante, auxiliar ou técnico de laboratorio.

FORMACIÓN:
Duración: 1300 horas.
Ensinanzas:                                                                              

    Módulos 
    Horas
     anuais 
    semanais
    Operacións básicas de laboratorio 
    160
    6
    Ensaios físicos e fisicoquímicos                 
    130
    5
    Química e análise química 
    320
    12
    Probas microbiolóxicas
    130
    5
    Información e seguridade no laboratorio   
    110
    4
    Formación e orientación laboral 
    55
    2
    Horas á disposición do centro 
    55
    2
    Formación en centros de traballo   
    340 (de setembro a decembro)
Máis información sobre o curriculum vixente: aquí.
Web 100% accesible
Esta web valida XHTML 1.1
IES "A Sardiñeira" 2004-06