
O IES A Sardiñeira de A Coruña é un centro público de ensino secundario cunha matrícula algo inferior ós cincocentos alumnos -ESO, Bacharelato, e Ciclos formativos da familia Química- e un claustro de 65 profesores.
Foi creado como Instituto de Bacharelato en 1984, e no 1998 fusionouse co colexio "Xosé Cornide". Dende entón funciona como Instituto de Educación Secundaria.
