CF de grao superior Análise e control
ACCESO: Para acceder hai que ter o Bacharelato
Sen título de Bacharelato pero
con 19 anos, pódese acceder
mediante PROBAS DE ACCESO
Para aqueles que acrediten estar en posesión do título de técnico e desexen acceder aun ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional ou dunha familia afín que regulamentariamente se determine, o requisito de idade para a realización da proba rebaixarase a 18 anos ou cumprilos no ano da realización da proba.
PROBAS DE ACCESO:
Constan de dúas probas:
Hai que obter nota ≥5 nas dúas probas.
TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico Superior en Análise e control
ACCESO A: O Título dá acceso aos seguintes estudios: Diplomado en enfermaría; Diplomado en fisioterapia; Diplomado en logopedia; Diplomado en podoloxía; Diplomado en terapia ocupacional; Enxeñeiro técnico aeronáutico (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico de minas (todas as especialidades).
COMPETENCIA: O Título dá competencia para organizar e supervisar a actividade do laboratorio, desenvolver e aplicar técnicas de ensaio e análises físicas, químicas ou microbiolóxicas sobre materias primas, productos químicos ou alimentarios, orientadas á investigación ou ao control de calidade e actuando baixo normas de boas prácticas de seguridade e ambientais no laboratorio.
POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como analista de materias primas e productos acabados, analista de laboratorio, analista de control de calidade, analista de investigación e desenvolvemento.
FORMACIÓN:
Duración: 2000 horas.
Ensinanzas:
Módulos |
Horas |
|
anuais |
semanais |
|
Primeiro
ano |
||
Ensaios
físicos e fisicoquímicos |
160 |
6 |
400 |
15 |
|
Análises
microbiolóxicas |
160 |
6 |
Seguridade e ambiente químico no
laboratorio |
105 |
4 |
| Formación e orientación laboral | 55 |
2 |
Horas á disposición
do centro |
80 |
3 |
Segundo ano |
||
| Organización e xestión do laboratorio | 165 |
9 |
| Técnicas analíticas integradas | 365 |
20 |
| Relacións no contorno de traballo | 55 |
3 |
| Proxecto integrado | 75 |
4 |
Formación en centros
de traballo |
340 (de
abril a xuño) |
|
