CF de grao superior de Industrias de proceso químico
ACCESO: Para acceder hai que ter o Bacharelato
Sen título de Bacharelato pero con
19 anos, pódese acceder mediante
PROBAS DE ACCESO
Para aqueles que acrediten estar en posesión do título de técnico e desexen acceder aun ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional ou dunha familia afín que regulamentariamente se determine, o requisito de idade para a realización da proba rebaixarase a 18 anos ou cumprilos no ano da realización da proba.
PROBAS DE ACCESO:
Constan de dúas probas:
Hai que obter nota ≥5 nas dúas probas.
TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico Superior en Industrias de proceso químico
ACCESO A: O Título dá acceso aos seguintes estudios: Diplomado en enfermaría; Diplomado en fisioterapia; Diplomado en logopedia; Diplomado en podoloxía; Diplomado en terapia ocupacional; Enxeñeiro técnico aeronáutico (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico de minas (todas as especialidades).
COMPETENCIA: O Título dá competencia para organizar e controlar a actividade na planta química, supervisando e controlando as distintas fases do proceso productivo, así como supervisar o cumprimento das normas de calidade, seguridade e ambientais.
POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como contramestre de sólidos, líquidos, produción, envasado, xefe de quenda, unidade, almacén, caldeiras, encargado xeral de produción, recepción de materias primas, calidade, xefe/coordinador de produción., inspector de procesos, encargado de proceso de reacción, responsable de mesturadoras, contramestre ou encargado de transformación, adxunto de dirección de produción.
FORMACIÓN:
Duración: 1400 horas.
Ensinanzas:
Módulos |
Horas |
|
anuais |
semanais |
|
Organización e xestión en industrias de
procesos |
105 |
4 |
Fluidodinámica e termotécnia |
105 |
4 |
Proceso químico |
265 |
10 |
Control de calidade na industria química |
160 |
6 |
| Seguridade e ambiente químico | 80 |
3 |
| Relacións no contorno de traballo | 55 |
2 |
| Formación e orientación laboral | 55 |
2 |
Proxecto integrado |
80 |
3 |
| Horas á disposición do centro | 55 |
2 |
Formación en centros
de traballo |
440 (de
setembro a decembro) |
|
