Os alumnos de IPQ realizaron o Xoves 29 de Marzo pola mañá unha visita
ás instalacións de Alcoa, S.A
Os alumnos do segundo ano do CS de Análise e Control remataron as
actividades académicas no Centro e van comenzar as prácticas da
FCT. Abril-Xuño.
Os membros do Departamento de Ciclos e Fol constituiron un grupo
de traballo para traballar no manexo da plataformas de xestión
Drupal e Moodle. Os apuntes básicos (ata o momento) o respecto
son: Drupal e Drupal1.
O Luns 4 de decembro os alumnos de IPQ, AC1 e AC2 van de visita
a Cementeira Cosmos en Oural-Lugo e as bodegas Rectoral Amandi na
Ribeira Sacra. O horario aproximado da mesma será de 9 a 21
horas.
A avaliación dos alumnos de FCT de Laboratorio correspondentes
o curso 2005-06 farase o xoves 14 de decembro.
A 1ª avaliación terá lugar o luns 18 de decembro pola
tarde. Polo tanto, a entrega de boletins por parte dos titores
terá lugar entre os días 20 e 21.
O día 22 de decembro temos previsto un partido de futbito entre
alumnos do instituto e os profesores as 11:30 horas no pabellón
polideportivo.