FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A RELACIÓN LABORAL >Forma e duración do contrato de traballo.

FORMA E DURACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO
Regra xeral (Art.8 ET): O contrato de traballo poderase celebrar por escrito ou de palabra. Presumirase existente entre todo o que presta un servicio por conta e dentro do ámbito de organización e dirección doutro e o que o recibe a cambio dunha retribución a aquel.

Excepción: Deberán constar por escrito os contratos de traballo seguintes:
  • Cando así o esixa unha disposición legal.
  • Os contratos de prácticas e para a formación.
  • Os contratos a tempo parcial.
  • Os contratos fixo-discontínuos e de relevo.
  • Os contratos de traballo a domicilio.
  • Os contratos para a realización dunha obra ou servicio determinado.
  • Os contratos dos traballadores contratados en España ó servicio de empresas españolas no estranxeiro.
  • Os contratos por tempo determinado de duración superior a catro semanas.
Seguinte[1][2]