FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
MODALIDADES DE CONTRATACIÓN >Contratos formativos de duración determinada.

CONTRATOS FORMATIVOS DE DURACIÓN DETERMINADA

CONTRATO EN PRÁCTICAS
Concepto Este contrato busca a obtención da práctica profesional acorde ó nivel de estudios do traballador.
Requisitos do traballador
  • Para celebra-lo contrato en prácticas precísase titulación universitaria ou formación profesional de grao superior ou medio.
  • Non poderán ter transcurridos máis de catro anos dende a finalización dos estudios.
Duración Non poderá ser inferior a 6 meses nen superior a 2 anos. Se o contrato se tivese concertado por un tempo inferior a 2 anos, poderánse acordar ata duas prórrogas, cunha duración mínima de 6 meses.
Xornada A tempo completo ou a tempo parcial
Forma
  • Por escrito, facendo consta-la titulación do traballador, duración do contrato e posto a desempeñar durante as prácticas·
  • Deberá comunicarse ó Servicio Público de Emprego no plazo dos 10 días seguintes á sua concertación.
Retribución A sinalada en convenio colectivo para os traballadores en prácticas, sen que, no seu defecto poida ser inferior ó 60 ou 75%, no primeiro e segundo ano respectivamente, do salario establecido en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo. En ningún caso o salario será inferior ó S.M.I.
Outras carácterísticas
  • Á terminación do contrato, o empresario deberá expedir ó traballador un certificado no que conste a duración das prácticas, o posto ou postos de traballo ocupados e as principais tarefas realizadas en cada un deles.
  • Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por un tempo superior a 2 anos en virtude da mesma titulación.
  • Se ó termino de contrato o traballador continuase na empresa non poderá concertarse un novo período de proba, computándose a duración das prácticas a efectos de antigüidade na empresa.
  • No contrato en prácticas o período de proba depende da titulación do traballador: 1 mes para titulados de grao medio e 2 meses para titulados de grao superior.
Normativa
  • Art 11 E.T. segundo redacción dada pola Lei 63/97, de 26 de decembro (B.O.E. de 30 de decembro).
  • RD 488/98, de 27 de marzo, polo que se desenrola o art. 11 do E.T. en materia de contratos formativos (B.O.E. de 9 de abril).
Seguinte[1][2]