FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
MODALIDADES DE CONTRATACIÓN >Contratos formativos de duración determinada.

CONTRATO PARA A FORMACIÓN
Concepto Este contrato persigue a adquisición da formación teórico-práctica por parte do traballador.
Requisitos do traballador Poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 que carezan da titulación requerida para celebrar un contrato en prácticas.
Duración
  • Non poderá ser inferior a 6 meses nen superior a 2 anos, salvo que por convenio colectivo sectorial se acorden duracións distintas que en ningún caso poderán supera-los 3 anos. Poderanse acordar ata duas prórrogas, cunha duración mínima de 6 meses.
  • Poderase establecer un período de proba non superior a 2 meses
Xornada
  • A tempo completo (sumando ó tempo de traballo efectivo o dedicado á formación teórica)
  • O tempo dedicado á formación teórica non poderá ser inferior ó 15% da xornada máxima prevista no convenio colectivo ou no seu defecto da xornada máxima legal.
Forma
  • Por escrito, facendo consta-lo oficio ou nivel ocupacional obxecto da aprendizaxe, o tempo dedicado á formación e a sua distribución horaria, a duración do contrato e nome e cualificación profesional do titor.
  • Deberá comunicarse ó Servicio Público de Emprego no plazo dos 10 días seguintes á sua concertación ó igual que as prórrogas do mesmo.
Retribución A retribución do traballador será a establecida en convenio colectivo sen que, no seu defecto, poida ser inferior ó S.M.I. en proporción ó tempo traballado.
Outras carácterísticas
  • Á terminación do contrato, o empresario deberá entregar ó traballador un certificado da formación práctica e teórica adquirida.
  • Expirada a duración máxima para o contrato para a formación, ningún traballador poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.
  • Existe un límite no número de traballadores en formación que se poden contratar en función do número de traballadores de empresa e do establecido en convenio colectivo.
  • O Goberno establece anualmente as cotas á Seguridade Social que son fixas e non dan dereito a desemprego.
Normativa
  • Art 11 E.T. segundo redacción dada pola lei 63/97, de 26 de decembro (B.O.E. de 30 de decembro), modificado polo art. 1º.2 da Lei 12/2001, de 9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
  • RD 488/98, de 27 de marzo, polo que se desenrola o art. 11 do E.T. en materia de contratos formativos (B.O.E. de 9 de abril).
  • Orde de 14 de xullo de 1998 (B.O.E. de 28 de xullo).
  • Resolución de 26 de outubro de 1998 (B.O.E. de 8 de decembro).
Seguinte[1][2]