FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Modificación do contrato>Mobilidade xeográfica

TRASLADOS
Concepto Considérase traslado o cambio do traballador a un centro de traballo distinto a aquel para o que foi contratado, que lle esixa cambio de residencia, de forma definitiva.
Motivos Para poder levar a cabo un traslado, deben existir motivos económicos, técnicos, organizativos ou de producción que así o xustifiquen, ou ben contratacións referidas á actividade empresarial.
Procedemento A decisión do traslado deberá ser comunicada polo empresario ó traballador, así coma ós seus representantes legais, cunha antelación mínima de trinta días á data da sua efectividade.
Opcións do traballador
  • Acepta-lo traslado, percibindo unha compesación polos gastos propios e os dos seus familiares.
  • Extingui-lo contrato, percibindo unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.
    Ver exemplo.
  • Trasladarse e impugna-la decisión empresarial ante o Xulgado do Social competente.
Seguinte[1][2][3]