|
MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Modificación do contrato>Mobilidade xeográfica
| DESPRAZAMENTOS |
| Concepto |
Considérase desprazamento o traslado temporal do
traballador a outro centro de traballo (se excede de 12 meses no período
de tres anos, considérase traslado). |
| Motivos |
Para poder levar a cabo un desprazamento, deben existir
motivos económicos, técnicos, organizativos ou de producción que así o
xustifiquen, ou ben contratacións referidas á actividade empresarial.
|
| Procedemento |
O traballador deberá ser informado do desprazamento
cunha antelación suficiente á data da sua efectividade, que non poderá ser
inferior a cinco días laborais no caso de desprazamentos de duración superior
a tres meses |
| Opcións do traballador |
- Acepta-lo desprazamento, percibindo do empresario ademais
dos salarios, os gastos da viaxe e as dietas. Se o desprazamento
ten unha duración superior a tres meses, o traballador terá
dereito a un permiso de catro días laborais no seu domicilio
de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen que se poida
computar como tales os de viaxes, correndo os gastos destes a
cargo do empresario.
- Se non está de acordo, poderá recurri-la decisión
do empresario ante o Xulgado do Social, sen prexudicio da
executividade do desprazamento.

|
Entenderase que concurren estas causas, cando a adopción das medidas propostas
contribuian a mellorar a situación da empresa a través dunha mellor organización
dos seus recursos, que favorezan a súa posición competitiva no mercado ou unha
mellor resposta ás exixencias da demanda.
O traballador vese obrigado a desprazarse mentras non exista sentencia xudicial,
xa que no caso contrario, consideraríase que éste abandonou o seu posto de traballo.
|