|
A REPRESENTACION LABORAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA >A negociación colectiva.
A NEGOCIACIÓN COLECTIVA
O art. 4 c) ET recoñece o dereito dos traballadores á negociación colectiva.
Resultado desta negociación desenrolada polos representantes dos traballadores e
os empresarios son os convenios colectivos.
O convenio colectivo é o acordo suscrito polos representantes dos traballadores e
empresarios para fixa-las condicións de traballo
e productividade.
Os convenios colectivos obrigan a tódolos empresarios e traballadores incluídos
dentro do seu ámbito de aplicación e durante todo o tempo da sua vixencia.
Ámbito de aplicación
| Xeográfico ou territorial |
Fai referencia ó territorio no que resulta aplicable
o convenio: estatal, comunidade autónoma, interprovincial, provincial ou
local. |
| Funcional |
Fai referencia á rama ou sector de actividade ó que
resulta aplicable (afectaría a tódalas empresas dese sector). |
| Persoal |
Refírese ós traballadores ós que resulta aplicable. |
| Temporal |
Refírese á duración ou período de vixencia do
convenio, que será a fixadas polas partes.
 |
Salarios, xornadas, excedencias, vacacións, traslados, ascensos, descansos,
horas extraordinarias, turnos…
Salvo pacto en contrario, os convenios colectivos prorrogaranse de ano en ano,
se non mediara renuncia expresa das partes.
|