|
A REPRESENTACION LABORAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA >A negociación colectiva.
Procedemento de negociación:
| Proposta de negociación |
A representación dos traballadores ou dos
empresarios, que promova a negociación, comunicarallo á outra
parte por escrito.
|
| Resposta a proposta de negociación |
A parte receptora da comunicación só poderá negarse
á iniciación das negociacións por causa legal ou convencionalmente establecida.
Ver exemplo.
|
| Constitución da comisión negociadora |
No prazo máximo dun mes a partir da recepción da comunicación
procederase a constituír a comisión negociadora. Unha vez constituída
establecerase un calendario ou plan de negociación, estando obrigados a
negociar baixo o principio da boa fe.
|
| Acordos |
Os acordos da comisión requerirán, en calquera caso,
o voto favorable da maioría de cada unha das dúas representacións. |
| Rexistro e publicación |
O convenio, que será redactado por escrito e firmado
polas partes, presentarase ante a autoridade laboral para o seu rexistro,
e posterior publicación no Boletín Oficial do Estado, da Comunidade Autónoma,
ou da provincia, según o seu ámbito territorial. |
Desta comunicación enviarase copia, a efectos de rexistro, á autoridade laboral
correspondente en función do ámbito territorial do convenio.
As partes non estean lexitimadas para negociar, existira un convenio en vigor...
|