|
A REPRESENTACION LABORAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA >Conflictos colectivos.
OS CONFLICTOS COLECTIVOS
A FOLGA
O dereito a folga está recoñecido pola Constitución (art.28.2 CE.) ós traballadores
para a defensa dos seus intereses.
A folga consiste na suspensión da prestación do traballo levada a cabo de forma
colectiva e concertada polos traballadores. Os efectos do exercicio do dereito á
folga son os seguintes:
- O exercicio do dereito de folga non extingue a relación de traballo, senon
que durante a folga o contrato considérase en suspenso, e o traballador non terá
dereito ó salario e atoparase en situación de alta especial na Seguridade Social.
- Respetarase a liberdade de traballo daqueles traballadores que queiran sumarse a folga.
- Os empresarios non poden sancionar ós traballadores polo exercicio do seu
dereito e non poden contratar a outros traballadores para que realicen o seu
traballo, xa que esto implicaría a anulación do dereito fundamental á folga,
ó eludir as consecuencias do seu exercicio.
|