FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A REPRESENTACION LABORAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA >Conflictos colectivos.

Declaración de folga Para declarar unha folga é necesario un acordo, que poderá ser adoptado por:
  • Os representantes dos traballadores por decisión maioritaria.
  • Os propios traballadores, por maioría simple, adoptada en asamblea.
  • As organizacións sindicais con implantación no ámbito laboral ó que a folga se extenda.
Unha vez tomado o acordo, deberase comunicar por escrito ó empresario e á autoridade laboral, e con cinco días de antelación, como mínimo, á data de inicio.
Comité de folga Estará formado como máximo por doce traballadores dos centros de traballo afectados. Corresponde a este comité participar en cantas actuacións sindicais, administrativas ou xudiciais se realicen para a solución do conflicto, e haberá de garantir durante a duración da mesma, a prestación dos servicios necesarios para a seguridade e mantemento da empresa.
Servicios mínimos A pesar do exercicio do dereito á folga, algúns traballadores poderán estar obrigados a continuar a súa actividade, se teñen que atender servicios de seguridade ou mantemento da empresa, ou si a empresa tivese que atender un servicio esencial para a comunidade . Neste último caso a autoridade gubernativa deberá fixar uns servicios mínimos de obrigado cumplimento.
Seguinte [1] [2] [3]