Teñen carácter de extraescolares aquelas actividades que, sendo organizadas polo Centro e figurando na pProgramación Xeral Anual, aprobada polo Consello Escolar, se realizan fóra de horario lectivo e nas que a participación é voluntaria.
Teñen carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Por exemplo: visitas, traballos de campo, viaxes de estudo, conmemoracións e outras semellantes. A participación do alumnado nelas é voluntaria.
Para unha máis detallada información ver ROIES (Regulamento Orgánico de Institutos de Educación Secundaria).
O Departamento de Francés leva xa seis anos organizando intercambios con institutos franceses. Neste curso, logo do ciclo de cinco anos de intercambios con La Rochelle, mudouse de zona pasando a facelo con outra rexión francesa, Bretaña, concretamente coa capital da mesma, a cidade de Rennes.
Participaron no intercambio do curso pasado 30 alumnos dos cursos 4º da ESO e 1º de BAC.
Forma parte dos proxectos escolares (Comenius1.1) que permiten aos centros participantes traballar sobre un tema de interese común. Para iso teñen que estar de acordo alomenos tres centros, procedentes de países diferentes da Unión Europea.
Este tipo de proxecto ten por obxecto implicar ao maior número posible de clases, contribuíndo así a estreitar a cooperación entre clases e disciplinas diferentes. Unha das prioridades consiste en fomentar a participación activa do alumnado. Posteriormente, un número limitado deles poderá desprazarse a outro país para preparar e planear, xunto co profesorado implicado o proxecto europeo.
O título do proxecto que se está a desenvolver é: "Diferentes voces de Europa" e ten unha duración de tres cursos.
Estamos traballando cun centro da localidade de Sciacca (en Sicilia-Italia), e con outro de Tesalónica (Grecia). Recibimos a visita do profesorado italiano e grego en novembro de 2006, e visitamos o centro italiano en marzo de 2007.
A tarefa final consiste na creación dunha páxina web onde se colgarán os traballos que se van facendo.
Os obxectivos son:
Este centro ten un grupo de teatro de nome "Compañía Estable". A profesora encargada é Dna. Beatriz López Díaz, profesorea de francés. Dela naceu a idea dun grupo estable de actores: rapaces de tódolos niveis que teñen en común a paixón pola representación. Neste curso, conta coa axuda da profesora de historia, Dna. América García Fernández.
No curso 2006-2007, o grupo preparou a representación dunha farsa nun acto de Molière, As Preciosas Ridículas, representada no festival de fin de curso. A tradución do francés ao galego é da profesora Beatriz López Díaz. Esta comedia non estaba traducida á nosa lingua.
Podes descargar a lista das actividades propostas para o curso 2007-08 polos diferentes Departamentos. A realización destas actividades está supeditada a aprobación por parte do Consello Escolar e a solución doutro tipo de problemas.
.