Departamento de Educación Física.
Curso 07-08
Persoal do departamento
O Departamentos de Educación Física está formado por:
| PROFESOR/A |
TITORÍA/CARGO |
| Begoña Fernández López |
- |
| Carlos Gómez Osa |
Titor E4D |
| Marcos López Corredoira |
Xefe de Departamento |
Materias impartidas
O Departamento de Educación Física imparte a súa materia en tódolos cursos da ESO e en 1º de BAC.
Atención ao alumnado pendente
Tendo en conta o carácter progresivo da materia de Educación
Eísica, durante a Educación Secundaria Obrigatoria, aquel alumnado
que supere a materia acadando os obxectivos establecidos nese
nivel educativo, será avaliado positivamente dos contidos nos niveis
educativos que os preceden.
Programación do Departamento
Na programación do Departamento poderás ver: os temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.
Instalacións do Departamento
O centro conta con varias instalacións específicas para a práctica da Educación Física
- Dous ximnasios de 10 x 15 mts aproximadamente, con almacén
para material deportivo. (Ximnasio A)
- Dúas pistas polideportivas exteriores de diferentes medidas.
- Unha pista polideportiva cuberta de 50 x 20 mts (Polideportivo E).
- Un ximnasio cunhas medidas de 15 x 25 mts, con dous vestiarios,
un almacén para material deportivo e un despacho para o profesorado de EF. (Pavillón C).
Actividades complementarias e extraescolares
Este departamento ten previsto realizar as seguintes actividades complementarias:
Escolas deportivas.
Nun primeiro momento tratarase de potenciar a máxima participación do alumnado nas distintas escolas deportivas, organizadas pola Deputación Provincial e o Patronato de Deportes, entre as que podemos destacar:
- Travesía en kaiac.
- Tiro con arco.
- Actividades de loita.
- Tenis.
Actividades extraescolares.
Entre as diferentes actividades extraescolares organizadas polo Departamento podemos destacar as seguintes:
- Semana branca.
Realización dun curso de esquí dunha semana de duración con diferentes niveis, nunha estación invernal por confirmar.
- Actividades interdisciplinares.
Buscarase o aproveitamento da realización de actividades conxuntas entre varios departamentos para a inclusión de aspectos físico–deportivos nas mesmas.
- Ligas internas.
Levaranse a cabo diferentes ligas deportivas de carácter interno que intenten abarcar o amplo espectro do deporte, incidindo sobre aquelas que estean en consonancia coa dotación de recursos e material do centro.
- Xogos tradicionais.
Realizarase unha sesión didáctica a finais de curso, incluída no festival de fin de curso, que globalice xogos populares e tradicionais, tales como:
- A rá.
- A chave.
- O sogatira.
- O ferrón.
- A raiola.
Coa finalidade de que o alumno adquira coñecementos sobre xogos de carácter motor dos seus ancestros, variantes dos mesmos, etc.
- Rotas en bicicleta..
Levaranse a cabo excursións cunha duración dun día sin pernocta na que o alumno entrará en contacto, co medio natural, traballando contidos como a orientación, coñecemento do medio, colaboración e cooperación cos compañeiros.....Nun entorno próximo o centro educativo.
Calendario.
| ACTIVIDADE |
NIVEIS |
DATAS |
| SEMANA DA NEVE |
1º BAC |
XANEIRO-MARZO |
| ROTAS EN BICICLETA |
4º ESO |
MAIO-XUÑO |
| RAFTING |
4º ESO |
MAIO - XUÑO |
| TRAVESÍA KAYAC |
3º ESO |
ABRIL-MAIO |
| TIRO CON ARCO |
2º ESO |
XANEIRO-MARZO |
| LOITA LIBRE OLÍMPICA |
1º ESO |
XANEIRO-MARZO |
| XOGOS TRADICIONAIS |
TODO OS NIVEIS |
MAIO |
| LIGAS INTERNAS |
TODO OS NIVEIS |
OUTUBRO - MAIO |