Este Departamento está formado por:
| PROFESOR/A | TITORÍA/CARGO |
|---|---|
| Marina López González | Titora B1D |
| Ana María López Piñeiro | - |
| Mª Dolores López Somoza | Titora E4G (PDC1) |
| María del Carmen Meilán Garrido | Xefa de Departamento |
O Departamento de Física e Química imparte as materias que se indican na seguinte táboa, distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados (en caso de habelos).
| CURSO | MATERIA | TÍTULO | EDITORIAL | |
|---|---|---|---|---|
| 3º ESO | Física e Química | Física e Química | Xerais | |
| 4º ESO | Física e Química | Física e Química | Rodeira | |
| 1º BAC | Física e Química | Física e Química | Rodeira | |
| 2º ESO | Física Química |
sen texto | ||
Será convocado a unha reunión a principio de curso para informlo sobre os procedementos para a superación da materia pendente.
Dividirase a materia do curso en tres avaliacións. As datas das probas faranse públicas, e procurarase que non coincidan coas da avaliación ordinaria do curso no que se encontran este alumnado Ademais destas probas poderanse facer outras parciais se se consideran necesarias para unha mellor avaliación do alumnado.
O Departamento elaborará boletíns de problemas e cuestións, baseados nos contidos mínimos, para cada curso e avaliación, que serán entregados ao alumnado de forma periódica co fin de facilitarlles o traballo.
A Xefa do Departamento adicará unha hora a semana á atención do alumnado pendente.
Será convocado a unha reunión a principio de curso para informalo sobre os procedementos para a superación da materia pendente.
O Departamento elaborará boletíns de problemas e cuestións, baseados nos contidos mínimos, para cada curso e avaliación, que lles será entregadoa ao alumnado de forma periódica.
Dividirase a materia do curso por avaliacións e realizarase unha proba escrita en cada avaliación, baseada nos contidos mínimos correspondentes. As datas das probas faranse públicas e procurarase que non coincidan coas da avaliación ordinaria do curso no que se encontran este alumnado.
Ademais destas probas parciais, o alumnado que non teña superada a materia, poderá realizar un exame, no mes de maio, que versará sobre os contidos mínimos da programación.
No caso de alumnos que non se presenten a estas probas inxustificadamente, ou obtenían unha nota inferior a un 3, non terán dereito a estes exames parciais e só poderán presentarse ó exame que marca a lei.
Na programación do Departamento poderás ver: temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.
O Departamento de Física e Química conta con 2 laboratorios, A205 e A206, para desenvolver os contidos prácticos propios da materia.
O Departamento de Física e Química, xunto co de Ciencias Naturais e o de Tecnoloxía realizará unha visita ao parque eólico de Sotavento, próximo a esta localidade.
Realizaremos unha visita á fábrica de cementos Cosmos de Oural.
Co alumnado tanto de Física como de Química de 2º de BAC, realizaremos unha visita a petróleos REPSOL de A Coruña.
Ademáis, o Departamento poderá levar ós alumnos de Física e Química dos distintos niveis a algunha exposición, conferencia,etc... que poidan xurdir ao longo do curso e que se considere de interese para o alumnado.