IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de Filosofía.
Curso 07-08

Persoal do departamento

O Departamentos de Tecnoloxía está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Jesús Basanta Paredes Titor E4A
Carmen Cabaneiro Santomé Titora B1C
María S. Trillo Leis Xefa de Departamento

Materias impartidas

O Departamento de Filosofía imparte as materias que se indican na táboa coa súa distribución por cursos.

CURSO MATERIA
3º ESO CULTURA RELIXIOSA
4º ESO CULTURA RELIXIOSA
1º BAC

CULTURA RELIXIOSA

FILOSOFÍA

ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO

2º BAC

HISTORIA DA FILOSOFÍA

SOCIOLOXÍA E CIENCIAS POLÍTICAS

Atención ao alumnado pendente

Ao inicio de curso a xefa do departamento convocará a unha reunión a todos os alumnos con materias pendentes do noso departamento. Nela se lles indicará como se estructuran as materias por avaliación, tendo en conta o temario impartido no curso anterior. Se lles dará unha serie de indicacións para traballar dita materia e se lles informará que poderán ser atendidos por parte de dita profesora tanto nos períodos de lecer nos que estea dispoñible como os mércores de catro a cinco da tarde, día no que o centro permanece aberto pola tarde sen haber períodos lectivos. Contarán con un exame de recuperación por avaliación, sendo as datas dos mesmos establecidas pola Comisión Pedagóxica do Centro. De non recuperar a materia nesas tres avaliacións contarán cun exame extraordinario en Setembro para poder facelo.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Actividades extraescolares

Na materia de Cultura Relixiosa nos cursos de 4° de E.S.O. e 1º de B.A. C. e de Hª e Cultura das relixións de 1º e 3º da ESO, propóñense as seguintes actividades:

  • A partir do segundo trimestre se tentará levalos, co fin de que comprendan os contidos en directa relación co seu contexto máis próximo, a visitar o mosteiro de Sta María de Meira e o museo etnográfico de F.Villapol na Pastoriza (dado que moitos deles coñecen xa de visitas anteriores o Castro de Viladonga) á volta e dadas as lendas e rituais presentes en toda a zona quizais, se o tempo o permite, facer algunha ruta como a da poesía ("Azúmara') en Castro de Rei ou a algunha das lagoas (Caque ou a de Cospeito).
  • O alumnado de Cultura Relixiosa de 1º BAC participarán tamén da viaxe ao Parlamento de Galicia, xunto co alumnado de 2° de BAC de Socioloxía e se é posible os de Ética e Filosofía do Dereito de 1° de BAC. xa que paralelamente poderíase facer unha visita á Catedral e Museo da mesma.

Dentro da materia de Ética de 4° da E.S.O. consideramos adecuado proxectar as seguintes actividades que complementen o currículo oficial e que estimulen o interese dos alumn@s polas dimensións prácticas e cotiás do mesmo en coherencia coa programación anteriormente descrita.

  • 1ºtrimestre : Como en anos anteriores invitarase a Amnistía Internacional a pronunciar unha conferencia con motivo do Día dos Dereitos Humanos.
  • 2º trimestre: Actividades que, en relación có programa, sirvan para conmemorar o día da muller traballadora.
Posibilidade de saír a exposicións, conferencia e outras actividades que teñan lugar no pobo e unha película ou obra de teatro a Lugo.

Na materia de Ciencias Políticas de 2° de B.A.C e Ética e Filosofía do Dereito de 1º B.A.C.

  • Viaxe a Santiago para visitar o Parlamento galego, a ser posible farase coincidir cunha sesión parlamentaria e con outras actividades complementarias na cidade (visita ao Museo da Catedral).
  • Visita a algún xulgado, a poder ser da vila e senón de Lugo, para asistir a un xuízo.
  • Viaxe a Tui e Porto co obxecto de visitar institucións políticas, culturais ou artísticas.
En Filosofía 1ª B.A.C :
  • Posibilidade dunha visita a Lugo con obxecto de visitar algunha exposición función teatral e tamén ir o cine a ver unha película que sirva de complemento a certas partes do programa. Tamén a posibilidade da función dun contacontos
  • Posibilidade dunha conferencia sobre Prehistoria a cargo dun responsable do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
  • Posibilidade dunha exposición de paneis sobre Patrimonio, tamén en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.
A nivel xeral do Departamento posibilidade de asistir a algunha actividade como función teatral, sesión de cine, exposicións que poidan xurdir no transcurso do curso e que teñen algunha conexión co temario a impartir de calquera das nosas materias.
  • Solicitaríase a colaboración doutros departamentos do Instituto como xa se fixo na Comisión Pedagóxica para publicar a revista do centro.
  • Como en anos anteriores e dado que a experiencia foi mol positiva nos resultados acadados, repetiranse as sesións de axuda en períodos de lecer e de forma voluntaria para aqueles alumn@s que presenten dificultades na asignatura de Filosofía.
  • Con todos os cursos tratarase de acadar a participación do alumnado na celebración das do Día das Letras Chairegas no caso de que sexan superados os problemas existentes e volva ser convocado.

Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva