IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de Francés.
Curso 07-08

Persoal do Departamento

Este Departamento está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Ana Cabarcos Quintela Titora E2A
Lina Yolanda Cocheteux Lourido -
Beatriz López Díaz Subdirectora do Centro
Fátima Pérez Calderón Xefa Departamento

Materias impartidas e libros de texto

O Departamento de Francés imparte clase en todo os niveis do Centro. Indícanse na seguinte táboa as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados (en caso de habelos).

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
1º ESO Francés. 2ª lingua

NOVEAU COPAINS 1. Libro de texto

NOVEAU COPAINS 1. Caderniño exercicios

- -
2º ESO Francés. 1ª e 2ª lingua

NOVEAU COPAINS 2. Libro de texto

NOVEAU COPAINS 2. Caderniño exercicios

- -
3º ESO Francés. 1ª e 2ª lingua

COPAINS 3. Libro de texto

COPAINS 3. Caderniño exercicios

- -
4º ESO Francés. 1ª e 2ª lingua

COPAINS 4. Libro de texto

COPAINS 4. Caderniño exercicios

- -
1º BAC

Francés. 1ª lingua

Francés. 2ª lingua

Sen texto

Pas Pareil 1. Libro de texto

- -
2º BAC

Francés. 1ª lingua

Francés. 2ª lingua

Sen texto

Pas Pareil 2. Libro de texto

- -

Atención ao alumnado pendente

O Departamento de francés deberá ter un listado desde principio do curso onde figuren estes alumnos. A maioría están matriculados en 2º da ESO co francés de 1º pendente. Para este caso, o seguimento será levado pola profesora de 2º. Se hai alumnos en 3º ou 4º co francés pendente, estes están caracterizados por un fracaso escolar xeralizado e xa non escolleron francés.

No caso dos alumnos co francés de 1º pendente, entregaráselles un dossier de tarefas para cada avaliación, elaborado polo departamento, que deberán entregar no plazo fixado á súa profesora, e farán unha proba por avaliación cos contidos do dossier. Se non aproban por avaliacións, farán a proba de xuño para pendentes fixada polo equipo directivo.

Para os alumnos de 3º ou 4º con materias pendentes, se lles facilitará tamén un dossier de tarefas e procurarase manter un contacto por medio dos titores.

Se un alumno coa materia pendente aprobara a segunda avaliación no curso seguinte, considerase que ten aprobada a pendente.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: os temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Instalacións do Departamento

O Departamento de Francés conta coa posibilidade de uso de dúas aulas de informática con acceso a Internet: D102 e D103, para desenvolver os contidos prácticos propios da materia.

Actividades extraescolares

O INTERCAMBIO

O departamento ven organizando ao longo destes últimos anos un intercambio lingüístico- cultural con diferentes lycées franceses, ao abeiro da convocatoria da Consellería de Educación para esta actividade, que é moi ben acollida polos alumnos e que vai dirixida a 4º da ESO e BAC. É a nosa intención seguer na mesma liña para este curso 2007-2008.

O PROGRAMA SÓCRATES, COMENIUS MULTILATERAL

O instituto participa como coordinador nun proxecto que leva por título “ As diferentes voces de Europa “, xunto cun centro italiano e outro grego. Aínda que o Comenius non é un proxecto lingüístico en si mesmo, as linguas estranxeiras, porén, xogan un papel fundamental. Cada profesor do centro que está no Comenius ten un grupo de referencia para a realización e xestión máis eficaz do traballo. O grupo de referencia de 1º de BAC de 1ª lingua é un deles, polo que fará unha parte do traballo deste ano centrado no contorno dos alumnos, e no seu medio escolar , familiar e de lecer. A información máis completa deste proxecto europeo , pódese atopar na súa web: http://1gym-evosm.thess.sch.gr/comenius/

TEATRO EN FRANCÉS

Tense previsto ler e explicar en todos os grupos de francés a obriña de Jean Tardieu “ Un geste pour un autre”, coa intención de representala na súa versión íntegra e orixinal. Tentarase de buscar alumnos interesados na súa posta en escea.


Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva