IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de Lingua Galega.
Curso 07-08

Persoal do departamento

Este Departamento está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Xosé María Felpeto Enríquez -
María Luisa Ferreiro Galán Normalización Linguística
Xosé Domingo García Villasuso Titor B2B
Ricardo Gómez Polín Xefe Departamento
Araceli Paz Veres -
María Concepción Pérez Fernández -
Concepción Seijas Cela Titora E2F

Materias impartidas e libros de texto

O Departamento imparte clase en todolos niveis de Lingua Galega. Indícase na seguinte táboa as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados.

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
1º ESO Lingua Galega e Literatura Lingua 1 VVAA Xerais
2º ESO Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura 2 VVAA Xerais
3º ESO Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura 3 VVAA Xerais
4º ESO Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura 4 VVAA Rodeira-Edebe
1º BAC Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura I Pablo Quintá García Rodeira-Edebe
2º BAC Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura II Pablo Quintá García Rodeira-Edebe

Atención a alumnos pendentes

A avaliación dos alumnos de Lingua Galega e Literatura con materia pendente de cursos anteriores realizarase ao longo de tres probas repartidas segundo o calendario oficial do centro e seguindo os criterios de avaliación xa especificados para cada curso.

As recuperacións e a materia de cada unha destas probas serán fixadas en reunións periódicas cos alumnos correspondentes.

Nestas reunións explicarase aos afectados a materia obxecto de exame e facilitaráselles exercicios sobre a mesma, os cales serán corrixidos na seguinte xuntanza, con indicación doutros materiais recomendados a ditos efectos.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: os temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Actividades extraescolares

  • Asistencia a rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo (2º de E.S.O.).
  • Realización da chamada “Ruta da Esmorga” pola cidade de Ourense e visita á zona histórica de dita cidade (1º B.A.C.).
  • Organización dun espectáculo de contacontos.
  • Asistencia a representacións teatrais no Auditorio de Vilalba.
  • Participación en conferencias relativas a aspectos vinculados á lingua, literatura e cultura galegas en xeral.
  • Visita a exposicións diversas na Casa da Cultura e no Auditorio de Vilalba.
  • Audición de poemas musicados, complementarios dos contidos obxecto de estudo .
  • Proxección de cinema en galego tanto nas salas de video como no salón de actos do centro educativo.
  • Colaboración co E.N.L. na celebración do Día das Letras Galegas e no concurso literario convocado ao efecto.
  • Participación na Carreira pola lingua con motivo do 17 de maio (1º E.S.0.).
  • Conferencia-exposición sobre cómic galego a cargo dun especialista.
  • Visita cultural á cidade de Mondoñedo (4º E.S.O.).
  • Visita cultural á capital galega e a cidade da Coruña (B.A.C.).
  • Outras actividades imprevistas que poidan xurdir como consecuencia da evolución do curso académico.

Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva