IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de Música.
Curso 07-08

Persoal do Departamento

Este Departamento está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Marcos Maoxu Quintela -
Lucinio Medel Iglesias Xefe Departamento
Purificación Palacios Alborrán Titora E2D

Materias impartidas e libros de texto

Indícanse na seguinte táboa as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados.

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
2º ESO Música

Música 1º ciclo

Caderno de Música

VVAA Galinova
3º ESO Música

Música 3º

Caderno de Música 3º

VVAA Galinova
4º ESO Música

Música 4º

Caderno de Música 4º

VVAA Galinova
1º BAC Música sen libro
2º BAC Música sen libro
Historia da Música Historia da Música E. Casares Everest

Atención ao alumnado pendente

  • Os alumnos que pasen de 2º a 3º ESO , recuperán 2º unha vez superada a asignatura en 3º ESO.
  • Os alumnos que pasen de 3º a 4º da ESO, recuperarán 3º unha vez superado 4º da ESO.
  • Os alumnos que pasen de curso, e non teñan nese ano a asignatura de música, deberán realizar unha serie de probas, ó longo do curso, marcadas polo seminario de música. Estas probas serán, en xeral, na 2ª ou na 3ª, ou ben na 2ª e 3ª avaliacón do curso.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Instalacións do Departamento

O Departamento de Música conta con 2 aulas de música: D001 e D101 para desenvolver os contidos prácticos propios da materia.

Actividades extraescolares

Ao longo do curso desenvolveranse diferentes actividades fóra da aula de música e do propio centro:

  • Asistencia a concertos
  • Visitas a museos, cines e teatros ( óperas, ballet, outros eventos)
  • Traballos en bibliotecas, hemerotecas.
  • Paseos fóra do Centro con fins didácticos
  • Representacións teatrais con música
  • Participación en agrupacións musicais.

Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva