O Departamento está formado por:
| PROFESORES DO DEPARTAMENTO. Curso 06-07 | |
|---|---|
| PROFESOR/A | TITORÍA/CARGO |
| Pablo Riobó Santiago | Xefe do Departamento |
| Germán García Mera | Pedagoxía Terapéutica |
| Mª Carmen Fernández López | Pedagoxía Terapéutica |
| Concepción Arias Neira | Pedagoxía Terapéutica |
| Sonia Corral Ladra | Audición e Linguaxe |
| José Gabriel González Anaya | Titora do Ámbito Cient. (PDC4º) |
| Irene Fraga Vigo | Titora do Ámb. Ling. (PDC3º) |
O Departamento de Orientación imparte clase de Apoio de Linguas e Matemáticas. É misión súa valorar (xunto co profesorado correspondente) as necesidades educativas, prestar apoio aos alumnos con necesidades educativas especiais, colaborar co resto do profesorado no tratamento da diversidade e desenvolver a tarefa de orientación académica e profesional.
Deste xeito, o profesorado de Pedagoxía Terapéutica desenvolve a súa intervención co alumnado con necesidades educativas especiais, realizando actividades de apoio fóra da aula, traballando os obxectivos e actividades sinalados nas adaptacións curriculares propostas para o alumnado.
Así mesmo, co alumnado con dificultades de aprendizaxe realiza actividades de reforzo educativo, fundamentalmente nas materias de matemáticas e nas linguas galega e castelá
Dentro do ámbito da orientación, cobra moita importancia a orientación académica e profesional, contando o Departamento con numerosas obras de consulta, así como folletos e publicacións relativas a titulacións universitarias, ciclos de formación profesional, saídas profesionais, etc para consulta do alumnado.
Por outra banda, a biblioteca do departamento está constituída por numerosos materiais para a intervención educativa no apoio, así como títulos sobre orientación educativa e titoría a disposición do profesorado
Na programación poderase ver tanto o ordeamento como as actividades programadas polo Departamento, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.
O Departamento ten varias aulas para as actividades que lle correspondenden: B007, D104 e D204.