IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento Xeografía e Historia.
Curso 07-08

Persoal do Departamento

Este Departamento está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Teresa Carreira García -
Gonzalo X. Francisco da Rocha Titor E4B
Horacio García Cebral -
Mª América García Fernández Xefa de Departamento
Josefa López Rivas Titora E4E
Fortunato J. Quintela Rego -
Juan Carlos Rodríguez Barrera -
Josefa Teijeiro Veiga Titora E2E

Materias impartidas e libros de texto

O Departamento imparte clase de Xeografía e Historia en todos os niveis da ESO e de BAC. Ademais imparte Cultura Relixiosa en 1º e 2º da ESO. Indícanse na seguinte táboa as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados.

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
1º ESO

Xeografía e Historia

Cultura Relixiosa

Ciencias Sociais. Xeografía e Historia. 1

-

VVAA

-

Rodeira-Edebé

-

2º ESO

Xeografía e Historia

Cultura Relixiosa

Ciencias Sociais. Xeografía e Historia. 2

-

VVAA

-

Oxford

-

3º ESO Xeografía e Historia Xeografía. Ciencias Sociais. 3 VVAA Rodeira-Edebé
4º ESO Xeografía e Historia Historia. Ciencias Sociais. 4 VVAA Oxford
1º BAC Xeografía e Historia Historia do Mundo Contemporáneo VVAA Consorcio Editorial Galego
2º BAC Xeografía e Historia

Xeografía

Historia de España

Historia da Arte

Muñoz-Delgado, Mª Concepción

VVAA

VVAA

Anaya

Consorcio Editorial Galego

Consorcio Editorial Galego


Atención ao alumnado pendente

O alumnado que teña a materia pendente do curso anterior logrará superala do seguinte xeito:

O Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia decidiu:
  • Entregar un caderno de actividades o alumnado coa materia pendente para a súa elaboración e posterior entrega para ser corrixido. A elaboración deste caderno posibilita ó alumno traballar a materia que se correspondería con cada avaliación.
  • Este caderno complementará a proba escrita en cada trimestre. Dado que o número de alumnos coa materia suspensa son poucos, este sistema permitirá un mellor seguimento do proceso de aprendizaxe do alumno e tamén permitirá facer unha mellor observación das súas carencias, fallos ou problemas de comprensión.
  • Cada avaliación, os alumnos realizarán unha proba escrita na que deberán amosar a adquisición de coñecementos e a superación das carencias anteriores. A cualificación positiva da materia non estará supeditada, única e exclusivamente, á nota desta proba senón que se terá moi en conta, polas razóns expostas anteriormente, o interese do alumno na presentación e realización do caderno (autocorrección, pregunta de dúbidas, actitude positiva...).
  • No mes de setembro, aqueles alumnos que non superaran a materia en maio, realizarán unha proba escrita. Teranse en conta as mesmas premisas que na proba de finais de curso.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderase ver: temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Actividades extraescolares

1º da ESO:

Visita ó Museo de Prehistoria de Vilalba.

4º da ESO:

  • Unha viaxe a A Coruña, similar, na medida do posible, a do ano pasado que tanto éxito tivo entre o alumnado do nivel. Pretendente visitar, fundamentalmente, as instalacións de La Voz de Galicia,...; así como facer algunha outra visita interesante na mesma cidade, se o tempo o permite. Os alumnos e alumnas poderán coñecer diversos aspectos dunha cidade cunha gran actividade cultural, pero tamén industrial e comercial.
  • Para este nivel (4º da ESO) está tamén programada a colaboración, atendendo á “interdisciplinariedade” cunha actividade do Departamento de Educación Física. Trátase de rutas en bicicleta á elementos de patrimonio cultural e monumental da comarca da Terra Chá: Mámoa de Roza das Modias, Torre de Caldaloba, Lagoas de Cospeito,... eles trazarían o camiño e nós informaríamos dos aspectos históricos, culturais dos lugares a visitar.

BAC:

Plantéxanse as actividades seguintes:
  • Para 2º BAC, Xeografía, proponse unha excursión a algunha paraxe do país polo seu interese xeográfico físico e/ou humano. Podería ser ó Courel e a súa orixinal “Devesa da Rogueira”, e/ou a duna colgada da praia de Trece, preto do Cabo Vilán, na Costa da Morte, ambas visitadas cunha ruta de sendeirismo.
  • Para 1º e 2º de BAC, plantéxase unha viaxe a Mérida, en colaboración cos departamentos de Clásicas. A viaxe iría dedicada aos alumnos do Bacharelato de Humanidades. Considérase axeitada, esta viaxe, por diversos motivos, pero, fundamentalmente, polo achegamento á arte, á cultura, e ó legado romano. Permitiralles, ademais, relacionar e comparar dúas urbes importantes da Hispania romana: Lugo e Mérida.

PROXECTO COMENIUS

Por outra banda, o noso Departamento tamén participa no programa “Comenius” por medio do profesor Don Gonzalo Xosé Francisco da Rocha e dos alumnos de 4ºESO B, que desenvolverán traballos dentro das directrices marcadas para reflexionar sobre a “identidade europea” en construcción, con actitudes tolerantes e enriquecedoras a partir da súa realidade inmediata. Para fins de febreiro, ou principios de marzo, está prevista a viaxe a Salónica –Grecia- de dito profesor xunto con un ou dous compañeiros máis, e un número de alumnos por determinar para o intercambio e posta en valor dos traballos realizados.
Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva