Actualizado: 25/10/2010 - 11:00

AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

Calendario de exames para o alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores, elaborado pola Xefatura de Estudos en coordinación cos distintos Departamentos.

Calendario pendentes ESO-BACH.

 

 

Actualizado: 22/09/2010 - 14:00

CALENDARIO CURSO 2010-2011

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa o calendario escolar para este curso. Se queres, pódelo descargar e imprimir.

Calendario escolar 2010-2011

 

 

Actualizado: 15/09/2010 - 12:00

PRESENTACIÓNS CURSO 2010-2011
 
LUNS 20 DE SETEMBRO MARTES 21 DE SETEMBRO
2º ESO: 10:30 1º ESO: 10:30
1º BACHARELATO: 11:00 3º ESO: 11:00
2º BACHARELATO: 11:30 4º ESO: 11:30
       

Os autobuses pasarán polas paradas dúas horas máis tarde do seu horario habitual durante o curso e sairán do Instituto ás 12:30.
MÉRCORES 22 DE SETEMBRO: 1º día de clase.

 

 

Actualizado: 30/06/2010 - 13:00

LIBROS DE TEXTO PARA BACHARELATO
Listaxe dos libros de bacharelato para o curso 2010-2011
Libros de texto

 

 

Actualizado: 29/06/2010 - 10:00

EXAMES DE SETEMBRO 2010
Calendario das probas extraordinarias de setembro.
Exames setembro

 

 

Actualizado: 23/06/2010 - 11:00

MATRÍCULA CURSO 2010-2011
(Só para o alumnado que aprobou todo en xuño)
1º ESO: 23, 24 e 25 de xuño 1º Bacharelato: 2 de xullo
2º ESO: 30 de xuño 2º Bacharelato: 1 de xullo
3º ESO: 30 de xuño  
4º ESO: 1 de xullo

A matrícula realizarase só os días que se indican

 

 

Actualizado: 24/05/2010 - 10:00

E DÁLLE 2010

Xa está aquí a revista do ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización lingüística). Agora podes ler tamén a versión dixital.

e dálle 2010 (en PDF) e dálle 2010 (en ISSUU)

 

 

Actualizado: 24/05/2010 - 10:00

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL 2008-2009

Alex Alonso Fernández, alumno de 1º de bacharelato B, recibiu un dos premios polo seu esforzo para superar os atrancos e rematar a Educación Secundaria sen poder asistir a clase. Os nosos parabéns, Alex.

Premios extraordinarios 2008-2009

 

 

Actualizado: 30/04/2010 - 13:00

CAMIÑO DE SANTIAGO

Pequena/gran historieta, é dicir, "cómic", creado por Carlos Cifuentes coas fotos do camiño de Santiago feito polo alumnado de 3º de ESO. Actividade organizada polo Departamento de Relixión.

Cómic

 

 

Actualizado: 29/04/2010 - 12:00

LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2010-2011
Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso académico 2010-2011
Admitidos 2010

 

 

Actualizado: 15/04/2010 - 10:00

LINGUA DE AMOR 2010

Xa está en marcha a cuarta edición do concurso de cancións e declaracións de amor a través da internet. O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

www.linguadeamor.eu

 

 

Actualizado: 06/04/2010 - 10:30

CONCELLO DE VIGO - Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILI 2010)

O Concello de Vigo abriu o prazo para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (P.I.L.I. 2010), que permitirá a estadía de alumnos/as de 3º ESO durante tres semanas no Reino Unido ou Irlanda.
Os/As interesados/as poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o 22 de marzo ata o 16 de abril.

Toda a información en: www.pilivigo.org

 

 

Actualizado: 24/03/2010 - 12:00

FOLLA VOANDEIRA-REVISTA É DALLE-ENDL

Cuarta entrega da nova publicación do ENDL. Esta folla voandeira de aparición periódica está dedicada á lingüística e as linguas.

Folla voandeira 4

 

 

 Actualizado: 26/02/2010 - 14:00

ADMISIÓN ESO E BACHARELATO 2010-2011 - Decreto 30/2007 - DOG do 16 de marzo
1 de marzo a 6 de abril: Presentación de solicitudes.
(1 a 20 de abril: presentación documentación acreditativa dos criterios de admisión, se é o caso)
21 de abril a 30 de abril: Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
5 de maio: Publicación listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.
Publicación datas de matrícula para o alumnado admitido
Documentación: Formulario - volante empadroamento - prematrícula - Fotocopia DNI ou libro de familia

 

 

 Actualizado: 19/02/2010 - 12:00

PREMIO JORDI SIERRA I FABRA 2010

María García González, alumna de 3º de ESO, foi incluída na "Lista de Honor Oro" no fallo dos premios da Fundació Jordi Sierra i Fabra, polo seu relato Los reyes de la baraja. Os nosos parabéns, María.

Premio Literario Jordi Sierra i Fabra 2010

 

 

 Actualizado: 17/02/2010 - 10:00

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2010
Solicitude de axudas para estadías no estranxeiro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de marzo

axudasle

 

 

 Actualizado: 12/02/2010 - 14:00

  ENTROIDO 2010
Grazas a todos e todas por participar. Viva o entroido!
Álbum de fotos

 

 

Actualizado: 29/01/2010 - 14:00

CALQUERA TEMPO PASADO FOI ANTERIOR

Temos unha nova iniciativa. Chámase Calquera tempo pasado foi anterior pero tamén se podía chamar O instituto en sepia ou O noso IES en analóxico, porque do que se trata é de que todos os que forman ou formaron parte da comunidade educativa do noso IES antes da era dixital aporten fotos para crear unha pequena historia gráfica do IES de Beade.

Fotos con historia Envía as fotos a iesbeade@gmail.com

 

 

Actualizado: 21/12/2009 - 14:00

2º ANIVERSARIO-10.000 VISITAS

O noso sitio web naceu o 6 de novembro de 2007, fixo 2 anos o mes pasado e, neste mes de decembro, superou as 10.000 visitas. Xa sabemos que non son dez mil persoas, pero si son 10.000 momentos nos que algunhas persoas pensaron que este sitio podía serlles útil. Grazas a todos e os nosos mellores desexos para o ano 2010.

 

 

 

Actualizado: 23/11/2009 - 11:15

MAGOSTO 2009
Álbum de fotos da festa do magosto
Fotos magosto 2009

 

 

Actualizado: 10/11/2009 - 11:00

AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

Calendario de exames para o alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores, elaborado pola Xefatura de Estudos en coordinación cos distintos Departamentos.

Exames ESO - Exames Bacharelato

 

 

Actualizado: 30/10/2009 - 12:00

FOLLA VOANDEIRA-REVISTA É DALLE-ENDL

Primeira entrega da nova publicación do ENDL. Esta folla voandeira de aparición periódica está dedicada á alimentación. Coñece as bondades da dieta atlántica, a recuperación do auténtico pan galego e os riscos dos alimentos transxénicos.
Presentación en primicia do primeiro refresco de cola galego.

Folla voandeira 1

 

 

Actualizado: 29/10/2009 - 12:00

GÚSTACHE A FOTOGRAFÍA?

Queremos que colabores na nosa páxina. A imaxe que ves máis arriba pretendemos cambiala cada certo tempo. Se che gusta debuxar, a fotografía... e es un "esperto" no Photoshop podes elaborar ti a imaxe. O tema é libre, e, por exemplo, pode estar relacionado coa época do ano ou coa festividade máis próxima (magosto, nadal...). Lembra que o tamaño é 1280 x 65 píxeles e ten que combinar ética e esteticamente coa nosa páxina. Pode participar toda a comunidade educativa.

Fai cousas por gusto e como un reto persoal. O premio é a publicación na páxina.

Envía a imaxe a iesbeade@gmail.com

 

 

Actualizado: 01/10/2009 - 14:00

CURSO 2009-2010

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa o calendario escolar para este curso. Se queres, pódelo descargar e imprimir.

Calendario escolar 2009-2010

 

 

Actualizado: 15/09/2009 - 13:30

PRESENTACIÓNS CURSO 2009-2010
VENRES 18 DE SETEMBRO LUNS 21 DE SETEMBRO
10:30 3º ESO 10:30 4º ESO
11:15 2º ESO 11:15 1º BACHARELATO
12:00 1º ESO 12:00 2º BACHARELATO
       

- Os autobuses pasarán polas paradas dúas horas máis tarde do seu horario habitual e sairán do Instituto ás 14:00.
- MARTES 22 DE SETEMBRO: 1º día de clase.

 

 

Actualizado: 03/09/2009 - 10:10

MATRÍCULA SETEMBRO 2009
LUNS 7 : 1º Bach. e 4º ESO

MARTES 8 : 2º Bach. e 3º ESO

MÉRCORES 9 : 1º e 2º ESO

-Cada curso matricularase só o día que ten sinalado.
-Os sobres de matrícula pódense recoller en conserxería o día de entrega de notas (4 €).

 

 

Actualizado: 30/06/2009 - 13:20

EXAMES DE SETEMBRO 2009
Calendario das probas extraordinarias de setembro.
ESO  Bacharelato

 

 

Actualizado: 12/06/2009 - 12:30

MATRÍCULA CURSO 2009-2010
(Só para o alumnado que aprobou todo en xuño)
1º ESO: luns, 6 de xullo 1º Bacharelato: martes, 7 de xullo
2º ESO: mércores, 1 de xullo 2º Bacharelato: martes, 30 de xuño
3º ESO: xoves, 2 de xullo  
4º ESO: venres, 3 de xullo

A matrícula realizarase só os días que se indican

 

 

Actualizado: 12/06/2009 - 12:00

E DÁLLE

Xa está aquí a revista do ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización lingüística). Agora podes ler tamén a versión dixital.

e dálle 2009 (en PDF) e dálle 2009 (en ISSUU)

 

 

Actualizado: 02/06/2009 - 12:30

FOTOS
Xa están dispoñibles as fotos das últimas saídas. Visita os nosos álbums web.
http://picasaweb.google.es/iesbeade/

 

 

Actualizado: 23/04/2009 - 11:30

LETRAS GALEGAS 2009

O noso IES gañou o concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Ramón Piñeiro López.
Os nosos parabéns para Chema, o autor dos carteis e dos materiais da exposición.

Exposición Letras Galegas 2009 Resolución concurso Letras Galegas 2009

 

 

Actualizado: 21/04/2009 - 12:35

VIAXE A CATALUÑA - 4º ESO

Blog de Iria (4º ESO-A). Ampla reportaxe fotográfica da viaxe a Salou, Barcelona...

blog de Iria

 

 

Actualizado: 21/04/2009 - 12:35

Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILI 2009)

O Concello de Vigo abriu o prazo para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (P.I.L.I. 2009), que permitirá a estadía de 125 alumnos/as durante tres semanas no Reino Unido ou Irlanda.
Os/As interesados/as poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o 21 de Abril ata o 12 de Maio.

www.pilivigo.org

 

 

Actualizado: 30/03/2009 - 11:15

VIAXE A MADRID
Pequena reportaxe fotográfica sobre a viaxe a Madrid de 2º de bacharelato.
Fotos

 

 

Actualizado: 25/03/2009 - 9:35

LINGUA DE AMOR 2009

Xa está en marcha a 3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego. Infórmate, podes gañar importantes premios.

www.linguadeamor.eu

 

 

Actualizado: 17/03/2009 - 12:35

NOVO WEB SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Deporte, acaba de presentar un atractivo web enteiramente dedicado ao patrimonio cultural de Galicia: bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico,científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.

www.patrimonio.org

 

 

Actualizado: 11/03/2009 - 9:25

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
O departamento de matemáticas vén de inaugurar a súa páxina web.
Departamento de Matemáticas

 

 

Actualizado: 10/03/2009 - 12:25

CHUS LAGO
Hoxe estivo connosco Chus Lago, de actualidade pola súa recente expedición ao Polo Sur.
web de Chus Lago

 

 

Actualizado: 5/03/2009 - 11:25

PAAU 2009
Información actualizada sobre as Probas de Acceso á Universidade.
PAAU 2009

 

 

Actualizado: 19/01/2009 - 11:10

INMERSIÓN VERÁN 2009. Solicitude de axudas para alumnos e alumnas de niveis non universitarios para estadías no estranxeiro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na convocatoria e que non gozase dunha bolsa de inmersión 2008.

http://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

 

Actualizado: 2/12/2008 - 12:00

CONSELLO ESCOLAR
Composición do Consello Escolar do Instituto despois das eleccións celebradas no mes de novembro.
Consello escolar

 

 

Actualizado: 24/11/2008 - 11:15

MAGOSTO 2008
Álbum de fotos da festa do magosto
Fotos magosto 2008

 

 

Actualizado: 14/11/2008 - 11:00

AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

Calendario de exames para o alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores, elaborado pola Xefatura de Estudos en coordinación cos distintos Departamentos.

Exames ESO - Exames Bacharelato

 

 

Actualizado: 12/11/2008 - 12:00

ATENCO SOMOS TODAS

O pasado 24 de outubro celebrouse unha charla, organizada polo Departamento de Filosofía, con membros do colectivo Atenco somos todas. Este colectivo asembleario ten como fin principal divulgar o sucedido na cidade mexicana de San Salvador de Atenco.

Reportaxe feita por Amanda Bugarín (2º Bach.-D)

 

 

Actualizado: 28/10/2008 - 12:15

  EXPER-I-CIENCIA

Alumnos do IES Alexandre Bóveda, do IES do Castro e do noso IES participan en Exper-i-Ciencia, unha actividade que consiste en encontros con científicos do CSIC. Hoxe no noso IES está José Luis santiago Blanco, investigador da Misión Biolóxica de Galicia.

Misión Biolóxica de Galicia

 

 

Actualizado: 16/10/2008 - 10:15

DEPARTAMENTO DE GREGO
O departamento de grego vén de inaugurar a súa páxina web.
Departamento de grego

 

 

Actualizado: 15/10/2008 - 9:15

CRISIS? WHAT CRISIS?
Crisis? What crisis? é o título dun LP do grupo Supertramp. Hoxe crise é unha palabra que está de actualidade, pero, sabemos as causas? Non te preocupes, levanta a man, pregunta, o departamento de economía ten a resposta.
Departamento de economía

 

 

Actualizado: 14/10/2008 - 12:00

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR
Aprobado polo consello escolar na reunión do día 14 de outubro.
Regulamento de Réxime Interior

 

 

Actualizado: 3/10/2008 - 10:20

CURSO 2008-2009

Empezou o novo curso e con el tamén volve estar operativo o noso sitio na "rede". A última actualización é a información sobre este curso que vén de comezar: horario de grupos, titorías, transporte escolar e un calendario escolar que, se queres, podes descargar e imprimir. Benvid@s.

Calendario escolar 08-09

 

 

Actualizado: 1/07/2008 - 12:20

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAAU)
Parabéns! O 91,11 % do noso alumnado superou as PAAU na convocatoria de xuño.
Cualificacións

 

 

Actualizado: 18/06/2008 - 12:30

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
Calendario das probas extraordinarias de setembro
ESO  Bacharelato

 

 

Actualizado: 18/06/2008 - 11:30

GRUPOS DO CURSO 2007-2008
Estamos todos e todas. Xa podes ver as fotos de todos os grupos.
Álbum de fotos

 

 

Actualizado: 18/06/2008 - 11:30

EXPOSICIÓN DE ARTESANÍA
Exposición dos traballos de artesanía elaborados polo alumnado de 3º e 4º de ESO.
Álbum de fotos

 

 

Actualizado: 17/05/2008 - 10:30

LETRAS GALEGAS 2008: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Resolución do concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Xosé María Álvarez Blázquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Carteis realizados por Chema (Finalista)

 

 

Actualizado: 17/04/2008 - 10:30

LINGUA DE AMOR 2008

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

www.linguadeamor.eu

 

 

Actualizado: 14/04/2008 - 10:20

VISITA A BRAGA (PORTUGAL)
Xa podes ver a reportaxe fotográfica da visita que fixeron, o pasado mes de abril, os alumnos de relixión de 1º e 2º de ESO á cidade portuguesa de Braga.
Álbum de fotos

 

 

Actualizado: 14/03/2008 - 10:10

CHARLA/CONFERENCIA A CARGO DE FERNANDO LALANA

O martes, 25 de marzo, ás 13 horas celebrarase no salón de actos do instituto unha charla/conferencia a cargo do escritor Fernando Lalana, autor de, entre outros títulos, Morirás en Chafarinas e La tuneladora. A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá para todos os grupos de 4º e 3º da ESO, agás 3º B.

Web de Fernando Lalana

 

 

 Actualizado: 10/03/2008 - 11:00

PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO

Coa entrada en vigor da LOE, este curso aplícanse por primeira vez os novos criterios de promoción e titulación na ESO. Ademais dos criterios prescritivos que establece a lei, o claustro celebrado o día 6 de marzo aprobou as condicións necesarias para promocionar de curso ou conseguir o título de Graduado/a en Educación Secundaria.

Promoción e titulación na ESO

 

 

 Actualizado: 3/03/2008 - 11:35

COPA COCA-COLA

O equipo do noso Instituto, adestrado por Carlos Cifuentes, proclamouse subcampión de Vigo. Perdeu a final contra o IES A Sangriña (A Guarda) na tanda de penaltis tras empatar no tempo regulamentado (2-2). Jonatan Rodríguez Costas, alumno de 2º ESO-D e xogador do noso equipo, foi elexido mellor xogador do torneo.

Parabéns para todos e... ánimo!, porque temos unha segunda oportunidade o 29 de marzo, en Ourense, contra os equipos subcampións da Coruña e de Tenerife.

Web da Copa Coca-Cola

 

 

 Actualizado: 14/02/2008 - 11:15

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Alumnado de Relixión
Álbum de fotos na páxina do Departamento de Relixión

 

 

 Actualizado: 6/02/2008 - 10:15

ENTROIDO 2008
O entroido xa só é un recordo. Grazas a todos e a todas por participar e, ánimo, que xa queda menos para semana santa.
Álbum de fotos

 

 

 Actualizado: 14/01/2008 - 10:15

 
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2008
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.800 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.
www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

Actualizado: 20/12/2007 - 10:35

BIBLIOTECA - CLUB BEADE LECTOR
Por Nadal... un libro non está mal!
Lecturas recomendadas

 

 

Actualizado: 18/12/2007 - 10:45

CONCURSO POSTAIS DE NADAL
1º premio   Accésits  
Carolina Rodríguez Hermida
2º ESO - B
Paula García Costas
2º ESO - B
Nerea González Quintáns
2º ESO - D
Lorena Rodríguez Comesaña
1º ESO - A

 

 

Actualizado: 04/12/2007 - 11:15

MAGOSTO 2007
A festa do magosto foi todo un éxito. Grazas a todos e a todas.
Galería de fotos

 

 

Actualizado: 30/11/2007 - 12:10

MISIONEIRA NO XAPÓN
Visita a reportaxe fotográfica na páxina do Departamento de Relixión
 

 

 

Actualizado: 30/11/2007 - 12:10

PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
Exposición no patio central do Instituto
visita www.miraporel.org. Información, concurso fotográfico, fondos de escritorio...

 

 

Actualizado: 20/11/2007 - 10:10

MAGOSTO 2007

Venres 23 de novembro.
De 12 a 14 horas
Normas, actividades e concurso

 

 

Actualizado: 06/11/2007 - 10:30

TORNEOS DE INDIACA E DE VOLEIBOL
Infórmate na páxina do Departamento de Educación Física
 

 

 

Actualizado: 06/11/2007 - 10:30

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA
Agora xa non tes desculpa! Descarga o modelo para xustificar as faltas de asistencia e/ou puntualidade

 

 

Actualizado: 06/11/2007 - 10:30

XA TEMOS SITIO WEB

http://centros.edu.xunta.es/iesbeade/

Como ves, caemos na "rede". Invitamos a toda a comunidade educativa a encher de contido estas páxinas. Queremos que este sitio sexa o escaparate do noso IES e, tamén, unha ferramenta que incida positivamente no noso proxecto educativo.