Polo San Martiño, trompos ó camiño
Martín M. Chaves Fraga - 2º ESO BBrión 9 NOV 2012

O venres nove de novembro á mañá, moitos nenos atopáronse inesperadamente cunha cesta chea de trompos no patio do Instituto. Era a hora do primeiro recreo e moitos deles animáronse a lanzar o trompo unha e outra vez.
Ao principio, víanse trompos rodando cabeza abaixo; polo visto, despois dun ano perderamos a práctica. Porén, segundo foi pasando o recreo, cada vez máis trompos rodaban con xeito. Tan ben ía a cousa que, cando tocou o timbre para volver ás clases, os rapaces só pensaban en que chegara o segundo recreo para poder xogar outra vez.
Neste último recreo e, aínda que xa prepararamos xogos concretos para facer cos trompos, os rapaces non se animaron moito a participar. Polo contrario, cada quen preferiu seguir tirando o trompo á súa maneira, sen atender ao xogo colectivo. E, tan ben facían rodar o trompo algúns, que os compañeiros mirábanos e, ás veces, lles pedían que lles aprenderan.
Sen dúbida algunha, foi unha mañá divertida e diferente.


