3/23/2010

Vicent Miralles Martí é profesor do Departament de Didàctica de la Llengua i la Literatura da Universitat de Valencia, na que ocupou a Dirección do Servei de Normalització Lingüística. Ademais de traballar na Escola de Magisteri, é membro da Mesa per l'Ensenyament, unha plataforma a prol do valenciano. Defensor da inmersión –'que vén sendo o mesmo que se aplica nos colexios bilingües español-inglés, onde ninguén protesta'– rexeita o anteproxecto do decreto que reduce o uso do galego no ensino.
3/23/2010

A ex conselleira de Educación e candidata ao Reitorado da Universidade de Santiago (USC) Laura Sánchez Piñón alertou hoxe de que hai aspectos no anteproxecto de decreto do plurilingüismo sobre o uso do galego nas aulas que 'non seguen a lexislación'.
3/23/2010

O valedor do Pobo, Benigno López, defendeu a 'liberdade lingüística' dos individuos e avisou ao BNG de que, ademais de citar a lexislación galega sobre a lingua propia -Lei de Normalización Lingüística ou Plan de Normalización-, lembre a Constitución. 'Os que estamos aquí estamos grazas a esas liberdades, queren que nos carguemos a liberdade do individuo?', espetoulle aos nacionalistas.
3/23/2010

A suposta imposición do galego a través da inmersión lingüística é o gran argumento conservador a prol do novo 'Decreto do Plurilingüismo'. O ministro de Educación lembroulle hoxe ao Goberno Galego que a inmersión 'funciona estupendamente ben', tal e como xa destacara o Consello da Cultura.
3/22/2010
3/22/2010
Manolo Rivas co seu lúcido humorismo fainos pensar no que nos traerá a nova política lingüística da Xunta de Galicia.
3/22/2010
O Escritor da Terra Chá e membro de Prolingua reflexiona sobre o que nos deparará o decreto do galego.
3/22/2010
O secretario de Política Lingüística cre que a “tradición” avala impartir ciencias en galego e matemáticas en castelán
3/22/2010
A Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (Fegadicep) vén de amosar o seu descontento co anteproxecto do decreto do galego presentado pola Xunta.
3/19/2010

O Manifesto Galego do día do Teatro, asinado por María Xosé Queizán, reivindica as artes escénicas e a cultura como sector produtivo estratéxico para Galiza.
Newer Entries Blog Home Older Entries