
A Real Academia Galega (RAG) debaterá no seu próximo plenario de abril a publicación dun informe sobre o anteproxecto do Decreto do Galego. E o máis probable é o que o aprobe, segundo anunciou onte o secretario da institución, Xosé Luís Axeitos, ante un novo texto que, na súa opinión persoal, “non segue unha filosofía correcta”.
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asegura estar 'aberto' á posibilidade de modificar o anteproxecto, malia considerar 'moi difícil' pactar cambios con quen 'non mostra vontade de diálogo'.

O conselleiro de Eduación calcula que o texto definitivo se aprobará en maio e avisa de que ve poucas posibilidades de facer cambios.

As redes sociais reaccionaron rapidamente ao anuncio do decreto sobre o uso da lingua no ensino. No Facebook, onde se poden crear numerosos grupos de apoio a diferentes iniciativas, é onde se concentra un meirande número de persoas contrarias ao texto.
Aínda así, son varios os grupos en que se reparten as críticas ao decreto da Xunta. O máis nutrido, con case cinco mil persoas, é "Por un decreto que defenda a lingua galega". Séguenlle, xa a máis distancia, con case tres mil apoios, "Ensino en galego, un dereito (con decreto ou sen decreto)" e "Coa educación non se xoga. Non ao decreto do galego". Supera as 1.300 persoas "Todos contra a derrogación do decreto de Feijoo".