A Editorial Galaxia acaba de poñer en marcha unha nova ferramenta, unha Aula Virtual destinada a profesores e alumnos que se formula como complemento á oferta de libros de texto e que permitirá aos usuarios traballar coas novas tecnoloxías en materia de lingua e literatura galegas en todos os cursos da ESO.
Fonte: Galicia hoxe.
O escritor leva meses traballando co ilustrador Juan Carlos Abraldes para publicar o próximo ano unha novela gráfica tinguida de suspense e intriga.
Fonte: Praza pública.
Cinco novelas curtas de Gonzalo López Abente recóllense en A narrativa mariña (Edicións Xerais), nunha edición preparada por Suso Sambade. A Fundación López Abete de Muxía dá un paso máis no labor de redescubrir ao grande escritor do mar e situalo no lugar que merece na literatura galega.
Fonte: Sermos Galiza.
Durante o presente curso a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) asumiu a coordinación do histórico Premio Leixaprén que se vén organizando desde 1999 co obxectivo de premiar, desde o ensino, a persoas, entidades ou institucións que se caracterizan polo uso normalizado da lingua galega.
Fonte:Dioivo.
Xosé Luís Regueira ingresará oficialmente o próximo 2 de xuño na Real Academia Galega cun discurso titulado Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI.
Fonte: Dioivo.
A feliz promiscuidade da música galega dá agora a luz a aCadaCanto, un traballo asinado por Xabier Díaz, Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández. Cando aínda está botando a andar, xa o tema “Teu nome por mar e terra” rula con forza pola rede.
Fonte: Sermos Galiza.