O mapa do idioma de Camões e Rosalía exténdese a catro continentes. É a terceira en importancia entre as linguas neo-latinas.
Fonte: Dioivo.
A voz calma de Agustín Fernández Paz converteu a Quintana no salón dun fogar de milleiros de persoas que o escoitaron con respecto defender "a lingua de noso".
Fonte: Praza pública.
‘Hostias para todos’ é o novo traballo da Terbutalina. Gravado a comezos do 2012 en Portugal en cuestión dunhas horas, reflicte segundo o grupo de Muros o que califica o seu son: “sinxelo e suxo”.
Fonte: Sermos Galiza.
O xurado escolleuno entre as 40 obras presentadas. Resalta na gañadora a súa linguaxe coidada e provocativa, con moita propensión ao minimalismo, xogando cos silencios e creando rasgaduras sen chegar ao melodrámatico.
Fonte: Sermos Galiza.
A rede social terá versión en vasco e en catalán. A Mesa arremete contra o "nulo apoio" da Xunta ao idioma propio e considera que esta nova "por si soa, debería supor a demisión ou o cesamento do secretario xeral de Política Lingüística".
Fonte: Sermos Galiza.
Nova Escola Galega recibirá o galardón polo proceso de renovación pedagóxica que avalou desde o seu nacemento, e en que participaron ao longo dos anos milleiros de mestr@s.
Fonte: Sermos Galiza.
Cun acto a medio camiño entre o teatro e a radio celebrado no Salón Teatro de Santiago de compostela, entregáronse onte os premios da VI edición do concurso de Teatro Radiofónico organizado polo programa Diario cultural, da Radio Galega, en colaboración co CDG e AGADIC.
Fonte: Praza pública.

Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras deste 2012, era un claro defensor do achegamento de Galicia aos países da lusofonía, sobre todo a Brasil, que coñecía ben polas súas actividades empresariais.
Fonte: Praza pública.