|
|

|
|
|
A casa do carpinteiro
Un vello carpinteiro chegaba á idade para xubilarse. Contou os seus plans ao seu
xefe de que quería deixar a construcción e vivir unha vida máis relaxada coa súa
muller e gozar da súa familia.
Botaría de menos o seu salario pero necesitaba xubilarse. A familia
sobreviviría. O contratista lamentaba ver marchar ao seu bo traballador e
preguntoulle se podería construír unha derradeira casa como favor persoal. O
carpinteiro asentiu, pero pouco a pouco era doado ver que o seu corazón non
estaba no seu traballo. Traballaba mal e usaba materiais de calidade inferior.
Desafortunado xeito de acabar a súa carreira.
Cando o carpinteiro rematou o seu traballo veu o contratista para inspeccionar a
casa. O contratista deulle a chave da porta principal ao carpinteiro e dixo;
-Esta é a túa casa, o meu agasallo para ti.-
¡Qué susto! ¡Qué pena! ¡Oxalá soubera que construía a súa propia casa, faríao
moi diferente! Agora tiña que vivir no fogar que non construíra ben.
Así é en nos. Construímos as nosas vidas distraidamente. Reaccionamos en lugar
de actuar, estamos contentos con aguantar menos que o mellor. En momentos
críticos non damos ao traballo o noso mellor esforzo. Así que con susto miramos
a situación que creamos e atopámonos vivindo na casa que nós mesmos construímos.
Se nos decataramos teriámolo feito de xeito diferente.
A túa vida mañá será o resultado de túa actitude e das túas decisións de hoxe.
| |