Pagina nueva 3
Era
un pai que estaba atravesando unha difícil situación familiar. Debido a
reiteradas disputas, a súa muller e os seus fillos abandonárano. Atopábase
realmente desesperado e decidiu entón facer unha promesa á Deusa, dicíndolle:
“Amada señora, se volven á casa a miña muller e os meus fillos, eu prométoche
vender unha das miñas casas e entregar o diñeiro recibido ós pobres e
desvalidos.
Transcorridos uns días regresaron ó fogar, para ledicia do noso
personaxe, a muller e os fillos, dispostos a darse outra oportunidade para poder
salvar a unión familiar. Pero, pasado o primeiro momento de euforia, o home,
díxose “¡Vaia, terei que dar ós pobres o que consiga por unha das miñas casas!”
Un matrimonio interesouse polas casas e preguntou o prezo da mesma.
Douna por 100.001 rupias –contestou-. Cen mil rupias polo gato e
unha rupia pola casa. Pero hai que adquirir ámbolos dous.
O prezo pareceulles correcto ós compradores e, despois de pensar que
o propietario era un pouco excéntrico, mercárona. Despois de recoller a suma
estipulada, foi correndo cara ó templo mentres se dicía: “Unha promesa é unha
promesa. Sempre se debe cumprir unha promesa á Deusa”. Xa no templo,
entrevistouse co sacerdote e entregoulle unha rupia, o prezo da casa, para que
lle la fixera chegar ós desvalidos
|