Viaxe a Roma
A viaxe a Roma foi unha experiencia irrepetible. Encantounos non só por coñecer eses monumentos dos que tanto se escoita falar, senon tamén por ter a oportunidade de mesturarnos con outras culturas que na nosa zona non abundan. O que mais nos gustou foi a “Fontana di Trevi” xa que era o noso lugar de reunión e sempre estaba repleto de xente e había un ambiente moi agradable. Para rematar, dicimos que estamos desexando que para o ano se faga outra excursión así, xa que se pasa moi ben.
Lucía Feal e Elena González - 1º C
*****************************************
Chegamos a Roma ás seis da tarde máis ou menos, e nos diriximos ò hotel (Hotel d´Este), onde deixamos a equipaxe nas habitacións e fomos dar unha volta pola cidade. Este día, mércores, vimos a Fontana Del Tritone, Piazza di Spagna... e ò final a Fontana di Trevi, que foi o que máis nos gustou a nós, alí pedimos os nosos desexos. Esta zona, a da fontana, era onde habia máis tendas, onde comíamos, onde mercábamos comida... Ó día seguinte, xoves, fomos ò Coliseo, ò foro Romano, e vimos a Columna Traiana. A tarde tivémola libre, entón aproveitamos para tomar xelados e capuchinos. Á noite xuntámonos nunha habitación e xogamos ás cartas, divertímonos moito e quedamos espertos ata tarde. O terceiro día, costounos moito levantarnos, e tiñamos q ue colle-lo metro moi cedo para ir ò Vaticano onde, despois de esperar na cola, tivemos un guía un pouco plasta; tamén fomos a San Pedro e para remata-lo día fomos comer todos xuntos preto do Vaticano. A tarde aproveitámola para mercar recordos. Para cear fomos a un restaurante preto do hotel que estaba moi ben, o camareiro era moi simpático e preguntounos moitas cousas de nós. O seguinte día visitamos o teatro Romano e vimos a Bocca della Veritá... ese día de noite todos estabamos moi cansos e case todo o mundo ceou no hotel comida que mercara pola tarde. Ese día morreu o Papa. O último día, tivemos a mañá libre para facer as últimas compras e prepara-la equipaxe. O que máis nos chamou a atención foi que había moitas motos, moitas prazas, fontes, ruinas (menos coñecidas) polas rúas...e ¿por qué non dicilo? Moitos vendedores que se aproveitaban dos turistas.
Eloy Gárate Martinez 1ºC-Aldara Naveiras Calvo 1º B - Antía Pérez García 1ºB - Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºC - Felipe Vila Garrido 1ºB
|