O Mago Antón estivo o outro día no instituto para dar unha charla titulada “Maxia en galego”.
Fixo bastantes xogos de ilusionismo e contounos de onde viñan os seus poderes. Seica llos deu Merlín coa única condición de que os fixese en galego.
Celebración 25 aniversario dos institutos en Fene
O pasado 25 e novembro reunímonos compartindo xantar arredor de 120 persoas que estivemos ou estamos, tanto no IES o Pazo e no IES Barrallobre no pasado, como ao actual IES de Fene ao longo destes 25 anos de historia
Se participaches no ágape ou se estiveches por aquí nalgunha etapa dos institutos e che apetece comentar algo, podes participar no nosoFORO (a activación do rexistro no mesmo pode tardar 1 día), neste tema
O martes 25 de Outubro, o departamento de Educación Física organiza unha actividade de sendeirismo polo golfo Ártabro co alumnado dos 4 grupos de 1º de Bacharelato.
Esta ruta, que se realizará ao longo do día, comezará no castelo da Palma e rematará no mosteiro de Sta Catalina en Montefaro
Mapa da zona
Foto desta actividade, realizada o ano pasado
Visitas e asistencia a espectáculos
4 de outubro: Asistencia á representación da obra teatral Alcestis de Eurípides no IES Sofía Casanova por parte do alumnado de Humanidades de Bacharelato e de Cultura Clásica de ESO.
11 de outubro: Visita á fábrica de Cocacola na Coruña por parte do alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades e CC. Sociais e do CM de Xestión Administrativa.
Xornadas de acollida, curso 2005-2006
19 de setembro Lección inaugural a cargo do xornalista e escritor fenés D. Ramón Loureiro
19 de setembro Presentación do programa de RADIOFUSIÓN das emisoras municipais a cargo do equipo que o realiza.
30 de setembro: Inicio do curso para Ciclos de FP e PGS
Lección inaugural a cargo dos representantes da empresa INTAF D. Gonzalo Díaz e D. Miguel Coca sobre a inserción laboral