Un ano tras outro, e vai aló máis dunha década, no principio da primavera celébrase o festival de rock “ A mocidade coa lingua”. Desde o ano 1999, por iniciativa dos alumnos do I B PAZO o festival tamén lembra ó profesor X. A Brocos, que ensinaba Bioloxía no instituto e era ademais un gran defensor da nosa lingua. Desta volta, o 6 de maio , o rock estivo na pista polideportiva do Círculo de Perlío, con cancións como “Unha vez tiven un cravo”, “Pilleite entre os pinos soa”, “Que vai ser de min”, “ Palabras nun caixón”, ou “Coa soga ó pescozo” interpretadas por os grupos Rockicide, Plug in babies, Deeppain, Último xiro e Madnoise. A equipa de Normalización Lingüística do IES de Fene e a Comisión de Cultura Ensino e Deportes do Concello son os organizadores do festival desde que botou a andar, e os estudiantes do Instituto forman os grupos e poñen a música, este ano tamén colaborou o Círculo de Perlío. O Memorial Brocos’05, nome desta edición da Mocidade coa lingua, contou con grupo convidado: Lamatumbá
|