TITULARES

Actividades curso 2006-2007
Actividades 2005-2006
Actividades 2004-2005
Actividades 2003-2004
Actividades de Cursos anteriores
O ronsel do paroleiro nº 7 - xuño 07
O Ronsel do Paroleiro nº 6, xuño 06
O Ronsel do Paroleiro Nº 4, xuño 05

Pagina nueva 1

CONCURSO DE DESEÑO DO LOGOTIPO/ANAGRAMA/MASCOTA E NOME DO GRUPO DE MEDIO AMBIENTE DO IES FENE

 

Con motivo da constitución dun colectivo de medio ambiente no IES Fene, este grupo convoca un concurso de deseño que se rexerá polas seguintes

 

BASES

 

1-       Poderá participar todo o alumnado deste centro.

2-       Os traballos estarán relacionados co mundo do ensino e o medio ambiente e para a súa realización poderá empregarse a técnica que se estime conveniente.

3-       Os traballos entregaranse na conserxería do edificio B.  Poderán ser elaborados de forma individual ou colectiva (grupos non superiores a tres persoas) e deberán ir acompañados dun sobre pechado que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.

4-       O Xurado estará composto por unha comisión nomeada por este colectivo que dictaminará sobre o mesmo de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos.

5-       Os traballos premiados quedarán en posesión deste colectivo que poderá utilizalos cando e como quixer.

6-       Establécese 1 premio por cada unha das categorías seguintes:

 

o       ESO.

o       Bacharelato, Ciclos e adultos.

 

            Ademais, haberá un premio especial ao traballo que se considere o idóneo para o que pretende  este concurso. Este traballo pasará a ser o logotipo/anagrama identificativo deste Colectivo Didáctico Medio-Ambiental.          

7-       Os premios estableceranse a posteriori en función dos presupostos do Centro e procurarase que garden relación coa Natureza.

8-       O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o mércores día 9 de marzo. O resultado darase a coñecer persoalmente aos premiados e nos tabolerios do Centro.

9-       Cos traballos escollidos poderá facerse unha exposición pública.

10-  A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

 

 



Pagina nueva 2

Para este concurso podes utilizar este formato ou outro que che guste máis.

 

 

 

Nome do grupo medioambiental: ……………………………………….

 




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web