En Marzo fomos os alumnos de italiano a unha excursión a Gijón. O principal motivo foi a visita a un Festival de Teatro que se celebraba no Teatro Jovellanos, que nos chamou a atención polo seu tamaño. Vimos dúas obras de teatro clásico, unha representada por un grupo da nosa idade e outra por unha compañía máis profesional. Visitamos tamén dúas igrexas moi antigas , a cidade de Oviedo e o castro de Coaña, xa cando estabamos de volta. Tivemos a sorte de coincidir cun entrenamento da Selección Española e fomos velos. En xeral, divertinme moito e o que máis me gustou foi o teatro. (Vicky)
O que máis me gustou, sen dúbida, foron as obras de teatro de Plauto ("La Cestilla" e "Miles Gloriosus"), que interpretaron dous grupos no Teatro Jovellanos, un teatro enorme e moi bonito. Eran moi bos actores e as obras estaban ben adaptadas e nos fixeron pasar un bo rato a tódolos que estabamos alí. Tamén estivo ben compartir a excursión con outros cursos e coñecelos a todos. Aínda que eses días non había moita marcha por alí, houbo festa para nós igualmente. (Marta Gómez)
Da viaxe a Gijón gustoume moito a cidade e a xente, que era moi amable. O Hotel estaba bastante ben e tamén a comida. A primeira actuación foi moi divertida, a segunda gustoume, aínda que non tanto coma a outra. Sen dúbida o que máis me gustou foi ir ver entrenar á Selección Española. O que menos, a hora de erguerse, demasiado cedo. (Aitor)
Foi unha viaxe longa e pesada no autobús, pero ó final pagou a pena. A excursión foi bastante divertida, polo que quixera pedir que se organizaran máis e, se é posible, sen ter que pagar. (Iván)
|