|
Estudo, ilusión e “que
a inspiración te colla traballando” en palabras da nosa compañeira
Magdalena. Esa foi a receita para que o grupo “Vagonetas” do
IES de Fene, formado polos
alumnos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, Altair
Rodríguez, Juan Carlos Cortizas, Sarahit López e Antía Díaz, dirixidos
pola profesora Magdalena Bouzamayor, dera na diana e fora
proclamado, entre os 302.239 alumnos e os 3490 centros escolares,
gañador absoluto do XXII Concurso Escolar ONCE.
O deseño, catro botóns coas cifras escritas en Braille
e un dedo índice pulsando o botón número un, simboliza a demanda de
normalización na
comunicación para que todas as persoas poidan usar con
normalidade os recursos dos que a sociedade dispón. “Identifica
muy bien el lema de este concurso, la normalización” afirmou o
presidente da ONCE ao se referir ao debuxo gañador do concurso.

0 deseño gañador

Os membros do xurado, entre os que se
atopan os humoristas Gallego&Rey
|
|
“El sello ganador es una obra redonda... Quizá su único defecto
podría ser que es 'demasiado bueno', pues técnicamente, tanto el motivo
del sello como el propio matasellos, son casi perfectos, lo que por otro
lado muestra el alto interés puesto por los chavales en la convocatoria.
Hemos tenido muy presente al emitir el fallo, que el dibujo no sólo
debía ser bonito, sino acompañar y transmitir bien el mensaje de
normalización. Desde luego el trabajo ganador combina a la perfección
ambos aspectos" manifestou o recoñecido humorista gráfico José
Mª Gallego que xunto ao outro membro do tandem de
Gallego & Rey, formou parte do
xurado.O
fallo do concurso produciuse en Madrid o pasado 18 maio

Os gañadores do premio Antía
Díaz, Altair
Rodríguez, Sarahit López e Juan Carlos Cortizas xunto coa sua profesora
Magdalena Bouzamayor
O premio consistíu na
edicción por parte de Correos do deseño gañador como un selo do que se
realizou unha tirada de 3 millóns de exemplares que xa están en
circulación a partir do pasado 12 de setembro, unha video consola para
cada alumno, un “Home cinema” para a profesora e un equipo informático
para o centro.
Parabéns para os
alumnos/as gañadores e para súa profesora
Artigo de "La Voz de Galicia"
Artigo Revista ONCE
Opinións dos
alumnos
|
|
|