Para coñecer como percibiu o alumnado a actividade realizada, presentóuselles un cuestionario que pretendía, por unha parte, que reflectisen a súa visión da mesma, e por outra que fixesen unha reflexión sobre o idioma e o seu uso. O IDIOMA GALEGO QUE FALAN EN PORTUGAL
1. Fai unha valoración crítica xeral da actividade: - Foi un éxito do alumnado coa língua e o compañeirismo, foi algo que desbordou os meus pensamentos. - Foi moi boa, non so pola estancia en Portugal, senon tamén polo contacto que mantivemos cos rapaces/as doutros institutos. - Paréceme boa idea, ainda que en xeral teriamos que ternos esforzado máis en usa-lo galego. - Pareceume moi divertida e tivo un fin didáctico moi interesante
2. Indica os aspectos máis positivos da organización da excursión - O grao de compañeirismo, os museus a visitar. - Visita turística, bo ambiente. - Ir a un lugar como Portugal, xa que nos tiñamos que comunicar en galego coa xente, tamén coñecer ese sitio xa que nunca estivera, e coñecer a xente doutros institutos
3. Indica os aspectos máis negativos da organización da excursión - O tranporte foi mediocre pois o bus case non tiña espazo, e perdemos moito tempo, xa que o conductor non sabía os camiños. - Pouco compromiso dos rapaces/as a emprega-lo galego. - Pouco tempo para coñece-lo pobo. - O que menos me gustou foi o museu da Arte, xa que tiña na cabeza outra idea dese sitio, e a incomodidade do autobús, polo reset paseino moi ben.
4. O feito de ter acadado un ámbito para te poder relacionar con estudantes doutros centros de ensino consideras que é algo: interesante, sen mayor interese, indiferente…? Razoa a túa resposta. - Fabuloso, xa que coñeces a xente coma ti, cos teus problemas e ilusións, que antes non coñecía e que estaba no meu entorno. - É interesante porque nos permite coñecer e manter relación con outros rapaces/as aínda que só sexa durante 2 días. - Interesante, xa que senón posiblemente non nos relacionaríamos con eles. - Interesante, coñeces xente nova e á vez relaciónaste con eles
5. En qué medida esta excursión pode ter servido para animarte a usar o galego como lengua habitual de expresión na túa vida cotiá? - Ver que o galego-portugués é a 2ª lengua en nº de falantes na península, dá unha seguridade suficiente para falalo. Como suxerencia: para o ano 2006, xuntar a grupos de todo o ámbito galego e ampliar variedades dialécticas do idioma. - Comprendín que o galego non só me serve para comunicarme en Galiza, senón tamén neutros lugares, por exemplo, Portugal. - Acostumámonos a utiliza-lo galego entre nós sen que supoña ningún problema. - Aínda que a excursión estivo moi ben organizada, penso que nun día non puidemos cambiar o noso pensamento ao galego para o resto da nosa vida. Quizais se estivésemos máis tempo con xente que nos falase en galego sairíanos xa, sen pensalo
|