A empresa de automoción Citroën debe a súa existencia a André Citroën, un destes industriais con singular xenio e talento que fascina aos estudiosos da historia automobilística. En 1913 funda a Sociedade de Engranaxes Citroën. Os dentes dos engranaxes en forma de chevrones por él ideados, de funcionamiento suave, silencioso e eficaz, convertéronse dende o principio no emblema da marca e continúan sendo hoxe, aíndan que un pouco máis estilizados, no símbolo de Citroën. Dende o comezo, André Citroën revolucionou tódolos métodos de producción, publicidade e ventas europeos.
En xuño de 1919 aparece o primeiro modelo de Citroën: o Tipo A. É o primeiro vehículo construido en Europa en serie, económico e popular, e o primeiro automóbil francés co volante á esquerda. O seo prezo de lanzamento foi de 7.950 francos, excepcionalmente baixo para a época. De maio de 1919 a decembro de 1921 fabricáronse 24.093 unidades.
En 1958 na área da Zona Franca de Vigo (Pontevedra) inícianse as obras da primera fábrica de Citroën en España. En 1959 hai en nómina 140 empleados e téñense fabricado as primeiras furgonetas das que a maior parte era exportada a Marruecos.
|
 |
|