Woody Allen dixo nalgún momento que cando vía escrita a fórmula de Einstein E=m·c2 non sabía describir a emoción que experimentaba, non se sabe se o dicía con segundas. Este ano que se celebra o centenario da publicación da teoría da relatividade, estanse a recordar a vida de Einstein, a súa importancia como científico, e por suposto esta fórmula. Quizás importancia da mesma foi o que levou ao concello de La Coruña /A Coruña (único concello con dous nomes) a propoñer unha nova interpretación da fórmula de Einstein: m de museos, c2 (c2=c·c) de ciencias e de coruñeses.
Un percorrido polos museos das ciencias propón ós visitantes unha interacción divertida con distintos experimentos que lle amosan como se leva a cabo a investigación científica e tecnolóxica, e de que xeito as ciencias interpretan a natureza.
Ó longo da visita está presente a educación en valores, actitudes de solidariedade, tolerancia, respeto e ao medio ambiente e ás persoas.
|
 |
|