TITULARES

Actividades curso 2006-2007
Actividades 2005-2006
Actividades 2004-2005
Actividades 2003-2004
Actividades de Cursos anteriores
O ronsel do paroleiro nº 7 - xuño 07
O Ronsel do Paroleiro nº 6, xuño 06
O Ronsel do Paroleiro Nº 4, xuño 05

Diálogo entre o Querer e o Amor

CONCURSO   DE   POSTRES   DO   ENTROIDO

Os Equipos de Normalización Lingüística dos institutos de Fene, convocan un concurso de larpeiradas e postres de Entroido que se rexerá polas seguintes

BASES
 

    Poderá participar calquera membro da Comunidade Educativa destes institutos, que poderán entregar cantos postres estimen convenientes.
    • Os postres virán elaborados de casa, empregando na súa elaboración a materia prima que se desexe.
    • Os alimentos que se presenten a concurso  entregaranse na Biblioteca do IES, onde se lles entregará un nº a cada un para a posterior escolla.
    • O Xurado estará composto por unha comisión nomeada polo E.N.L. que dictaminará sobre o mesmo de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos, así como tendo facultade para modificar algún punto destas bases en función de circunstanciais  especiais.
    • No caso do alumnado, a participación no concurso supón que a aula á que pretenza o concursante terá dereito ás clases libres que se establezan para a degustación dos postres.
    • Establécese un único premio para o mellor postre, aínda que o xuri poderá conceder premios a maiores no caso de que estime que a calidade dos traballos así o merecen.
    • Os premios estableceranse en función dos presupostos dos institutos.
    • O prazo para entregar os postres irá  dende as 8,25 até as 10,05 da mañá do venres día 16 de febreiro de 2007.
    • A participación no concurso supón a aceptación destas bases.




Concurso de cartas de amor / Gañadores do concurso de postres do entroido

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web