TITULARES

Actividades curso 2006-2007
Actividades 2005-2006
Actividades 2004-2005
Actividades 2003-2004
Actividades de Cursos anteriores
O ronsel do paroleiro nº 7 - xuño 07
O Ronsel do Paroleiro nº 6, xuño 06
O Ronsel do Paroleiro Nº 4, xuño 05

Pagina nueva 1

 

         O equipo de normalización lingüística convoca o IV Concurso de Debuxos de Calendario coa finalidade de elexir o motivo do calendario de peto do ano 2006.

 

BASES:

1.- No concurso poderá participar todo o alumnado do IES de Fene.

2.- O debuxo será orixinal, en branco e negro ou a cor, terá que presentarse nunha lámina de debuxo ou en formato informático, levar a inscripción “IES de Fene” e un lema referido á lingua galega.

3.- No dorso da lámina ou nunha parte visible do disco figurarán o nome e o curso do participante.

4.- Os debuxos entregaranse antes do 25 de novembro ao coordinador do equipo de normalización lingüística.

5.- O xurado estará formado por membros do equipo de normalización, outorgará un só premio e a súa decisión será inapelable.

6.- O premio será un fabuloso reproductor persoal de CD e Mp3, con memoria antigolpe de 45/120 segundos, compatible con  CD, CD-R/RW e Mp3, con 64 memorias programables, identificación ID3 TAG, procura alfanumérica, 7 preecualizacións,...

7.- Se houbese empate entre varios participantes xa buscaremos algo parecido (unha radio de regalo dos paquetes de cereais, un chaveiro coa mascota dos xogos olímpicos de Atenas, un ovo baleiro de Kinder sorpresa ou algo así)



¡¡¡ PREMIO !!!




Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web