GREGO
OBXECTIVOS XERAIS:
1) Co estudio do Grego do Bacharelato preténdese o coñecemento desta lingua e da súa cultura como base que é da civilización occidental.
2) O estudio e interpretación dun texto clásico esixe un extrardinario esforzo mental. As linguas clásicas teñen unha estructura diferente das linguas modernas, e iso obriga a establecer outro tipo de relación entre expresión gramatical e lexical. 3) O coñecemento do Grego favorece a comprensión do vocabulario técnico e científico
4) Desde o punto de vista do pensamento e da mensaxe, as linguas clásicas ensinan o verdadeiro sentido e valor da cultura actual,froito da acumulación de experiencias das que os alicerces máis profundos se atopan sobre todo en Grecia. 5) Se ben a Grecia Antigua non é hoxe un ideal supremo, sí é un mundo de experiencias humanas xeneticamente enlazadas á nosa cultura. 6) Xuntamente co Latín, o coñecemento do Grego contribuirá a que os alumnos de Bacharelato identifiquen os elementos lingüísticos e culturais que subxacen na cultura europea 7) Axuda a comprender e disfrutar daqueles fenómenos da cultura grecolatina que seguen funcionando no entorno cultural no que nos atopamos.
GREGO I
MÍNIMOS ACEPTABLES
A)Traducción:
Frases e textos adaptados da menor dificultade. Textos escollidos de máximas, fábulas e anécdotas, unhas líneas sinxelas de Xenofonte... B)Gramática: 1.- Morfoloxía: declinación nominal, o adxectivo e os seus graos, o pronome; conxugación regular e do verbo eimiv , contractos, en líquida e en oclusiva. Prescindindo en todo caso do irregular e excepcional.
2.- Sintaxe: formas nominais e verbais; réxime do comparativo e do superlativo. A oración simple. A oración composta: coordinadas e subordinadas máis frecuentes . 3.- Coñecemento léxico.funcional das partículas máis usuais: adverbio, preposición e conxunción.
C)Léxico: Un vocabulario en torno ás 200 palabras de uso máis frecuente.
D)Cultura: Visión de conxunto da cultura grega e do que significa para a civilización de Occidente, qué debemos ós nomes de Clístenes, Antígona , Fidias ou Platón. AVALIACIÓNS E EXAMES:
Pola propia natureza da asignatura, a avaliación é continua e o alumno ha de amosar un coñecemento gradual da materia. Iso esixe un traaballo diario e constante e é algo que debe quedar claro desde o primeiro día de clase. Non haberá, pois, recuperacións, xa que cada avaliación recuperarase coa seguinte. Utilizaranse os seguintes instrumentos de avaliación:Valorarase o traballo dos alumnos na clase, asistencia, actitude e interés.Este seguimento reflectirase nun diario de clase no que se anotarán as incidencias e o comprimento das tarefas previstas. Este instrumento axudaranos tamén a valorar o noso traballo e metodoloxía.Avaliaremos tamén os materiais que os alumnos van elaborando: clasificación e ordenación do mesmo por temas, exercicios da clase de carácter lingüístico, temas de cultura, apuntes,caderno de vocabulario clasificado...Periodicamente, sempre ó final dun tema ou bloque de contidos, realizaremos unha proba específica. Unha vez correxida, seralles entregada ós alumnos para que eles mesmos comproben os erros e acertos e asuman a súa necesidade de reforzar ou recuperar o que sexa preciso.
GREGO II CONTIDOS MÍNIMOS.
Traducción e comprensión de textos gregos seleccionados que non presente unha dificultade grande :... Homero,Xenofonte,Esopo...Recoñecemento dos fenómenos máis frecuentes de morfoloxía e sintaxe sobre eses mesmos textos.Comprensión e valoración do que a cultura grega significou para a civilización occidental: étimos principais do léxico culto,técnico e científico.As grandes figuras da Historia Grega: Arte,Literatura e Pensamento ,coñecemento e comprensión das líneas básicas da sua obra (Fidias,Platón,Safo,Sófocles...). CULTURA CLÁSICA 3º ESO
_CONTIDOS MÍNIMOS.
--Localización espacio-temporal do mundo grecorromano. --A educación. --A sociedade, a familia, a muller. --Coñecemento-aínda que somero- dos temas tratados nalgunhas obras literarias clásicas: Eneida, Ilíada, Odisea, Metamorfose e temas tráxicos. --Lingua: concepto de indoeuropeo e linguas románicas; práctica e coñecemento dos principais étimos de orixe grega,e prefixos, sufixos latinos de maior presencia na nosa lingua. --Mitoloxía: deuses do panteón olímpico; principais ciclos míticos:troiano, tebano, Hércules, Xasón, Eneas, Creta; divindades menores.
- OBXECTIVOS
Os obxectivos presentados a continuación son comúns para o terceiro e cuarto ano.A diferencia para cada curso establecerase, en primeiro lugar, dependendo do número de horas lectivas por semana ( distintas para terceiro e cuarto ) e , en segundo lugar, dependendo da profundidade e amplitude dos contidos . Esta materia debe contribuír a que o alumno sexa capaz de: 1 -Recoñecer en que medida o presente é resultado do pasado . 2- Identificar aqueles fenómenos culturais que partindo do pasado, seguen vivos na actualidade. 3- Recoñecer a orixe grecolatina das linguas galega e castelá, e das faladas na meirande parte de España e Europa. 4-Identificar os elementos lingüísticos e culturais que subxacen na cultura europea. 5-Perfeccionar as técnicas de manexo e interpretación de fontes antigas e contrastalas coas modernas. 6-Interesarse polo coñecemento da lingua en aspectos relacionados coa morfoloxía , léxico...e valorar os restos lingüísticos en prefixos, sufixos, raíces, topónimos, onomástica...así como recoñecer nas diversas linguas coñecidas e estudiadas os fundamentos estructurais latinos, tomándoos como punto de apoio para a mellora do uso da propia lingua e a aprendizaxe doutras linguas. 7-Identificar na cultura propia, na hispánica e na europea as pegadas da civilización clásica. 8- Recoñecer os elementos lingüísticos e culturais procedentes do mundo clásico que subxacen na cultura europea.
Todos estes obxectivos poderían reducirse a dous:
-Comprender a influencia cultural do mundo clásico mediante o coñecemento dos distintos aspectos da vida na antigüidade clásica. -Recoñecer a influencia da cultura clásica na vida actual: no ámbito sociocultural( as distintas manifestacións nas artes plásticas, na literatura, política, relixión,etc.) e no ámbito lingüístico( a evolución do latín e o grego ata as linguas románicas, prestando especial atención ó galego e o castelán).
CULTURA CLÁSICA 4º ESO CONTIDOS MÍNIMOS.
Etapas históricas de Grecia e Roma.Figuras históricas grecorromanas destacadas.Sistemas de escritura: o alfabeto grego e latino.Clasificación das linguas indoeuropeas. Concepto de flexión.Expresións latinas máis usuais.Latinismos e helenismos de uso frecuente.Roma, vehículo transmisor da cultura grega.Os restos arqueolóxicos de Hispania.Toponimia da Península Ibérica.Panteón Olímpico.Heroes máis importantes na Mitoloxía.Organos de goberno en Grecia e Roma: características.Vida privada: a casa, o lecer. Os espectáculos en Grecia e Roma.A escravitude.Os xéneros literarios.A cultura na antigüidade: ciencia, técnica e artes plásticas.
|