TITULARES

O departamento está formado por 1 profesora.
As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:
Latín I e II e Italiano I e II

Séguese o sistema de avaliación que permita a formación nos estudios impartidos, de tal xeito que para superar as materias do departamento é preciso ter acadado uns contidos mínimos

1º BACHARELATO   2º BACHARELATO  
• Latín I
• 2ª Lingua Estranxeira: Italiano I 
• Latín II
• 2ª Lingua Estranxeira: Italiano II 


RECURSOS

Exames de Latín I e Latín II [93 KB]
Exames de Italiano I e Italiano II [154 KB]


LIGAZÓNS DE INTERESE E ACTIVIDADES

http://www.culturaclasica.com
É unha páxina elaborada dende Andalucía por profesores de distintos I.E.S. Contén temas de Literatura e cultura, textos en latín adaptados, noticias de actualidade relacionadas co mundo clásico. Pódese acceder, ademais, a un diccionario elemental latino-español e á sección „nuntii latini“.
- www.culturaclasica.iespana.es/culturaclasic
Unha páxina preparada por profesores de Valencia, que contén exercicios moi interesantes de mitoloxía, de léxico, unha sección de cociña romana etc.
- http://www.unicaen.fr/rome/index.2html
Inclúe una maqueta de cómo era o edificio da antigua Roma previamente seleccionado , e a imaxe de cómo é na actualidade. A visita pódese realizar por áreas temáticas, pola localización xeográfica etc.
-http://www.terra.es/personal 2/casildallona
Permite un percorrido guiado pola cidade de Pompeia.
- http://www. pompeya.desdeinter.net/pompeya.htm
Plano do recinto arqueolóxico e visita virtual. Ten enlaces ós Museos Vaticanos / Museo Nacional Romano / Museo Arqueolóxico Nacional (Nápoles) etc.
-http://www.iespana.es/fotim/
Viaxe fotográfica por Mérida.
- http://www.cinemaitaliano.net
Reseña filmográfica de directores italianos. Textos, ensaios, entrevistas sobre o cine de autor.
- www. ilsegnalibro.com/language.html
Cursos de italiano en Italia










ACTIVIDADES.
Entre as actividades que organiza o Departamento figuran:
- Excursións a lugares de interese histórico-cultural. O curso pasado realizamos un Encontro con alumnos italianos de Aosta e do I.E.S. Europa de Ponferrada e unha ruta polo Bierzo. Previamente os alumnos dos tres Centros participaron nun Foro en Internet. Este curso fixemos unha excursión a Mérida, visitando tamén Cáceres e Trujillo
- Teatro a cargo do grupo „ARTECHE“. Este grupo naceu no ano 98, gracias á iniciativa dun grupo de rapaces que se animou a representa-la comedia que estabamos lendo na clase de Latín . Tratábase de O Gorgullo, obra que estreamos en febreiro do ano seguinte no Cine Perla . Seguimos con outra comedia de Plauto, Miles Gloriosus, que estreamos en Marzo do 2001, tamén no Perla. O seguinte ano comezamos cunha obra de Darío Fo: Aquí non paga ninguén , pero non puidemos seguir adiante polas baixas que tivemos, así que estamos á espera de novas incorporacións coas que poder preparar esta ou outras obras.
Necesitamos unha maior participación dos rapaces para que esta actividade poida ter continuidade. Non fai falla ninguna experiencia previa, só compromiso, disciplina e moito entusiasmo.
- Cine Italiano:
Cada curso ofrecemos ós alumnos do centro, fora do seu horario lectivo, un ciclo de cine italiano.


Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web